Estás en:Novas
ebiblioDaCoruna Club Lector

Hijas del miedo

Os Clubs de lectura dixital, da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, seguen o seu percorrido

Nesta ocasión, temos nova lectura na sala Tinta e equidade (Do 24 de novembro ao 15 de decembro)

Acompáñasnos nesta nova singradura?

Hijas del miedo

Comezamos lectura no club dixital eBiblioDaCoruna, na sala Tinta e equidade:

  • Obra: Hijas del miedo
  • Autora: Asociación de Mulleres Xuízas de España
  • Sala: Tinta e equidade
  • Moderadora: Maitane Vicente

Sobre a obra

Fillas do medo é un libro escrito por xuízas no que se recompilan relatos reais de mulleres vítimas de violencia de xénero. As protagonistas comparten como se senten ao enfrontarse ás agresións e ao temor de que a xustiza non as crea nin actúe para protexelas.

A través dos relatos, as expertas denuncian a violencia contra as mulleres a nivel mundial e esixen políticas efectivas para a súa erradicación, visibilizando o sufrimento e loitando por un cambio profundo no sistema xudicial e social.

Sobre as autoras

A Asociación de Mulleres Xuízas de España (AMJE) céntrase na defensa dos dereitos das mulleres e das e dos menores co obxectivo de axudar a mellorar o seu nivel de vida, promocionar e defender os seus dereitos fronte á constatación dunha xeneralizada desigualdade por razón de xénero, así como a existencia de violencia fronte ás mulleres e as nenas.

BANNER_EQUIDADE_Cabeceira-WEB.jpg

---

Se aínda non formas parte do club de lectura, dáte de alta! Poderás compartir e comenta desde calquera lugar e en calquera momento.

Info e alta aquí: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/tinta-e-equidade

Animádevos!