Estás en:Novas
A BPDC NA PROVINCIA

Curso Robótica (Lego Wedo) nas Somozas

Do 13 de decembro de 2025 ao 10 de xaneiro de 2026, a Biblioteca Provincial achegaralle á Biblioteca Municipal das Somozas un curso orientado á cativada sobre robótica con Lego Wedo.

A matrícula xestiónase na biblioteca municipal onde se imparte.

Curso Robótica (Lego Wedo) nas Somozas

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña achégalles actividades de animación á lectura, difusión cultural e novas tecnoloxías ás persoas usuarias das bibliotecas da provincia da Coruña.

Nesta ocasión, chegamos ao Concello das Somozas @assomozas para levar a cabo o curso Robótica (Lego Wedo)

A inscrición xestiónase na biblioteca onde se imparte

  • 4 sesións
  • 90 minutos cada unha
  • Orientado a nenos e nenas de 10 a 12 anos, cun máximo de 12 participantes

Agardámosvos a todas!

ROBÓTICA EDUCATIVA: LEGO WEDO PARA PÚBLICO INFANTIL

OBXECTIVOS DO TALLER

Ademais da asegurada diversión, os nenos e as nenas practicarán a motricidade fina, terán un primeiro contacto coa robótica e aprenderán conceptos de mecánica a través da montaxe e posta en marcha dos robots. En función da curiosidade do grupo e as preguntas que fagan, coñecerán novos conceptos e entenderán mellor outros, xa adquiridos previamente, en relación ao mundo da tecnoloxía. No ámbito da programación, ao iniciarse nunha nova linguaxe, o alumnado verá reforzada a importancia de traballar cunha gramática, unha semántica e un léxico correctos.

A programación desenvolve unha fluidez no correcto uso doutras linguaxes, debido á obriga de utilizar as instrucións de código de forma correcta. O computador só entende o que queremos dicirlle se o expuxemos de forma correcta. Un piar fundamental que se potenciará con este taller será o das matemáticas, ben a través de operacións coñecidas e estruturas novas, ou ben coa necesidade que nos impón a programación de volvernos máis analíticos e racionais. Así mesmo, abordaranse conceptos básicos doutros campos como a física. Fomentarase o traballo cooperativo, terán que comunicarse activamente, chegar a puntos de encontro en canto a como se van a tratar os problemas, complementando debilidades e fortalezas dos e das integrantes.

Por último, coa presentación dos proxectos feitos ante os e as demais participantes, traballarán a comunicación en público, habilidade cada vez máis importante e necesaria no desenvolvemento escolar, social e profesional pois implica a capacidade de comunicación con eficacia coas demais persoas. Ao practicar esta destreza, aprenden a organizar e estruturar as súas ideas, a argumentar, escoitar e respectar as opinións dos demais, a desenvolver o pensamento crítico e, sobre todo, a gañar autoconfianza.

DETALLES DA ACTIVIDADE

Cada taller impartirase en 4 sesións, de 90 minutos cada unha, orientados a nenos e nenas de 10 a 12 anos, cun total de 6 horas de duración, cun máximo de 12 participantes.

XUSTIFICACIÓN PEDAGÓXICA

Dividir o taller en sesións diferenciadas permite:

  • Maior asimilación e progresión da aprendizaxe
  • Introdución de variedade de retos que reforzan contidos STEM
  • Fomento da creatividade e do pensamento estratéxico
  • Desenvolvemento de competencias transversais: autonomía, perseverancia, pensamento lóxico.