Proxectos de investigación aplicada e innovación no sector apícola - Data límite: 18/12/2025
Convocatoria:
Subvencións para a realización de proxectos de investigación aplicada no sector apícola e os seus produtos dentro da Intervención Sectorial Apícola, no marco do plan estratéxico da Política Agrícola Común.
Obxectivos:
Mellorar as condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, aumentando a competitividade do sector, mediante o financiamento de proxectos de investigación aplicada.
Entidades beneficiarias:
Un proxecto subvencionable implicará sempre a participación dunha entidade produtora e dun axente realizador.
- Entidade produtora: As cooperativas agrarias, as Sociedades Agrarias de Transformación, as Agrupacións de Defensa Sanitaria, as agrupacións de calquera das citadas entidades.
- Axente realizador (os organismos e equipos de investigación especializados): Centros públicos de I+D, Centros privados de I+D sen ánimo de lucro, Centros tecnolóxicos.
Gastos Subvencionables:
Gastos de persoal, de material funxible, de adquisición, alugueiro e mantemento de equipamento e instrumental científico-técnico (inventariable), subcontratados, divulgación, viaxes e dietas, auditorías realizadas por órgano externo independente e cualificado, relativos á xustificación do proxecto, e outros gastos que sexan necesarios para a realización do proxecto.
Contía da Subvención:
100 % do custo subvencionable do proxecto.
A contía máxima da axuda non superará a cantidade de 300.000 euros por proxecto subvencionable e convocatoria no caso de proxectos plurianuais de tres anos de duración, 200.000 euros no caso de dous anos, ou de 100.000 euros no caso dos proxectos dun ano de duración.
Prazo:
Prazo de presentación de solicitudes: 20/11/2025 ata 18/12/2025
Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Teléfono: 913476621
Correo electrónico: bzn-ayudasidi@mapa.es
MÁIS CONVOCATORIAS
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo electrónico: nextdeputacion@dacoruna.gal
