Estás en:Novas

Valentín González Formoso participou na Asamblea xeral da European Digital Naval Foundation (EDINAF), celebrada en Navantia

O foro reúne en Ferrol a entidades de oito países e ten como obxectivo definir a arquitectura dixital dos futuros buques da Unión Europea, unificando sistemas, elevando a interoperabilidade e avanzando cara unha nova xeración de barcos intelixentes

Valentín González Formoso participou na Asamblea xeral da European Digital Naval Foundation (EDINAF), celebrada en Navantia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe en Ferrol na sexta Asemblea Xeral de EDINAF (European Digital Naval Foundation), celebrada nas novas instalacións do Centro de Excelencia do Gemelo Dixital (COEX Digital Twin) de Navantia. O programa, amparado polo Fondo Europeo de Defensa, reúne 31 entidades de oito países e ten como obxectivo definir a arquitectura dixital dos futuros buques da Unión Europea, unificando sistemas, elevando a interoperabilidade e avanzando cara unha nova xeración de barcos intelixentes.

Formoso salientou que a celebración deste encontro en Ferrol "sitúa á comarca no epicentro da innovación naval europea", e puxo en valor que Navantia lidere un proxecto que busca modernizar a cadea de subministración europea baixo estándares OTAN e situar a industria naval na vangarda tecnolóxica. O presidente destacou ademais o carácter estratéxico do COEX Digital Twin, un centro pioneiro destinado a desenvolver solucións dixitais de última xeración para as mariñas europeas.

"O talento e o potencial industrial de Ferrolterra están de novo no foco europeo. A Deputación da Coruña estará sempre ao lado do sector naval e da súa capacidade para xerar innovación, industria e futuro", sinalou o presidente provincial á saída da asemblea.