Nadal 2025
Trasnadas na BD
#TrasnadasNaBD
Este ano traémosvos un enredo de Nadal para ir preparando as festas. Acompáñasnos a descubrir que está a pasar na Biblioteca Provincial estes días?
#TrasnadasNaBD
Na Biblioteca Provincial estamos en alerta!
Unha misteriosa personaxe roldaba o edificio e... semella que se coou dentro!
Que pasará agora? Como imos dar con el antes que se lle dea por facer algunha falcatruada?
Se queres seguir a nosa pescuda e axudarnos a atopar este trasno fedello, non perdas as publicacións dos vindeiros días.
No noso Instagram e no Facebook da Biblioteca Provincial podedes seguir a nosa campaña #trasnadasnabd. Cada día publicaremos un contido cos nosos trasniños!
Seguiremos informando...
1
5
Fotogalería
