Transformación territorial e loita contra o despoboamento - DATA LÍMITE: 20/01/2026
Convocatoria:
Subvencións para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento.
Obxectivos:
Os proxectos teñen que ter as seguintes características:
- Achegar unha visión integral do problema demográfico da zona na que se prevé que se desenvolva.
- Ter como obxectivo a reactivación social e económica de zonas con problemas de despoboamento, desde unha dimensión socioeconómica, ambiental e de xénero.
- Ter un contido innovador para o territorio.
Os proxectos poderán desenvolverse en:
- Municipios de menos de 5.000 habitantes.
- Municipios de entre 5.000 e 20.000 habitantes, con densidade de poboación inferior aos 100 habitantes/Km2 e que se prevexa o desenvolvemento do proxecto en núcleos de poboación (parroquias, aldeas ou outros análogos) con menos de 5.000 habitantes.
- Áreas funcionais non urbanas, con menos de 15.000 habitantes sempre que os municipios que a compoñen teñan menos de 5.000 habitantes salvo un deles.
Entidades beneficiarias:
Municipios, Provincias, entidades de ámbito territorial inferior ao municipal instituídas ou recoñecidas polas Comunidades Autónomas, as comarcas ou outras entidades que agrupen varios municipios, as Mancomunidades de Municipios.
Outras entidades locais.
Comunidades Autónomas uniprovinciais.
As agrupacións de entidades locais.
Os consorcios adscritos á Administración Local.
Gastos Subvencionables:
Persoal, bens e servizos de uso corrente, outros gastos correntes, investimento, gastos indirectos.
Contía da Subvención:
Deputacións provinciais e forais, cabildos e consellos insulares, e comunidades autónomas uniprovinciais: 50.000 – 300.000 € .
Consellos comarcais ou outras entidades que agrupen varios municipios: 25.000 – 300.000 € .
Concellos e outras entidades locais: 25.000 – 200.000 € .
As axudas concedidas non poderán superar o 90 % do total de gasto subvencionable do proxecto para cada beneficiaria.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 05/12/2025 - 20/01/2026.
Prazo máximo de execución: 22 meses, a contar desde a data de publicación da resolución de concesión.
Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico
Teléfono: 913222235
Correo electrónico: bzn-retosubvenciones@miteco.es
MÁIS CONVOCATORIAS
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo electrónico: nextdeputacion@dacoruna.gal
