"Boulder" de Eva Baltasar (audiolibro)
Nova lectura na sala Páxinas de orgullo (Do 19 de xaneiro ao 9 de febreiro)
Compartimos Boulder de Eva Baltasar (audiolibro)
Acompáñasnos?
Comezamos lectura na sala Páxinas de orgullo do club dixital eBiblioDaCoruna:
- Obra: Boulder (audiolibro)
- Autoría: Eva Baltasar
- Sala: Páxinas de orgullo
- Moderadora: Nuria Vil
Sobre a obra
A protagonista de Boulder gáñase a vida como cociñeira nun barco mercante. É a situación perfecta: soidade, unha cabina, o océano, algún porto no que coñecer mulleres. Ata que un día unha delas consegue que abandone o mar, acceda a vivir entre catro paredes e se implique na xestación asistida e a educación dunha criatura. Que fixo a maternidade coa muller salvaxe que atopou nun bar da costa chilena? Que fará co animal engaiolado nunha casa unifamiliar da capital islandesa? Todo cambiou, excepto o seu nome, Boulder, esas enormes pedras illadas no medio da paisaxe, expostas a todo sen que ninguén saiba de onde veñen nin porque están aí.
Sobre a autoría
Eva Baltasar (Barcelona, 26 de agosto de 1978) é poeta e narradora. Licenciada en Pedagoxía pola Universitat de Barcelona, estudou Filosofía na Universitat de Barcelona e na Freie Universität de Berlín. Permagel, traducido ao castelán como Permafrost, é o seu primeiro libro publicado.
---
Se aínda non formas parte do club de lectura, dáte de alta!
Poderás compartir e comentar desde calquera lugar e en calquera momento.
Info e alta aquí: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/paxinas-orgullo/
Animádevos!

