Estás en:Novas

Bases reguladoras para rehabilitar edificacións e vivendas públicas de titularidade municipal

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas públicas de titularidade municipal e se procede a súa convocatoria, para o ano 2026, con carácter plurianual, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento VI422F).
BDNS (Identif.): 881105


"Sexto. Concellos beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia que cumpran cos seguintes requisitos:
a) Contar con menos de 30.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística á data de publicación da correspondente convocatoria.
b) Ter cumprido co deber de remitir ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da correspondente convocatoria, no que o seu prazo de presentación estivera vencido.
2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño."