PERSPECTIVAS LITERARIAS
Encontros con autores arredor de temas de actualidade social, a actividade para xoves e persoas adultas que a Biblioteca da Deputación leva ás Bibliotecas da provincia.
Agardámosvos!
PERSPECTIVAS LITERARIAS
A actividade "Perspectivas literarias" é un proxecto de fomento da lectura orientado a público adulto e xuvenil.
Cada encontro estará protagonizado por un mínimo de dous autores/as ademais dun moderador/a que dará cohesión ao debate.
As charlas xirarán en torno a un tema de actualidade social (feminismo, identidade de xénero,saúde mental, migración, problemas sociais,...).
Os/As autores/as participantes contarán con libros nos que ese punto central sexa un eixo importante, perca cada un deles/as traballará desde un xénero literario diferente (poesía, novela, ensaio, teatro,...).
PROGRAMACIÓN
- 22 de xaneiro: "A critica social na literatura actual" (En Mugardos)
- 11 de febreiro: "O amor e as súas perspectivas". (En Santa Comba)
- 5 de marzo: "As letras moradas. Un achegamento literario sobre o feminismo" (En Irixoa)
- 17 de abril: "A saúde mental nas historias" (En Teo)
- 22 de maio: "O ecoloxismo nas letras" (En Oroso)
- 26 de xuño: "Identidades e xénero, unha olllada LGBTQ+ na literatura" (En Frades)
