Fomento da contratación por entidades locais de mulleres que sofren violencia de xénero – DATA LÍMITE: 27/02/2026
Convocatoria:
Subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero.
Obxecto:
Subvencións destinadas a financiar a contratación, por parte das entidades locais galegas, de mulleres que sofren violencia de xénero, para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social, ata un máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral.
Entidades beneficiarias:
Concellos galegos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades de concellos de Galicia e consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal.
Gastos subvencionables:
As contratacións polas cales se conceda a subvención deberán ser para a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, competencia das entidades locais, e cumprir cos requisitos establecidos nas bases reguladoras.
Con independencia da duración do contrato, o período subvencionable será como máximo de 12 meses.
A data límite para a formalización dos contratos será o 9 de outubro de 2026.
Contía da subvención:
A contía da subvención que se concederá ás entidades locais beneficiarias será, por cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para sufragar durante o período de contratación, ata un máximo de 12 mensualidades, as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude e acorde coa súa categoría profesional.
O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se realicen a tempo parcial.
O número máximo de contratacións que se vai subvencionar por cada entidade solicitante establécese, segundo a poboación do ámbito territorial da entidade, de acordo co seguinte:
• Ata 5.000 habitantes: 1 contratación.
• Entre 5.001 e ata 20.000 habitantes: ata un máximo de 2 contratacións.
• Entre 20.001 e ata 50.000 habitantes: ata un máximo de 4 contratacións.
• Máis de 50.000 habitantes: ata un máximo de 6 contratacións.
Prazo:
Prazo de presentación de solicitudes: 27/01/2026 - 27/02/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Consellería de Política Social e Igualdade
Servizo de Planificación e Mellora da Coordinación
Teléfono: 981957268/ 981545361
Email: vx.igualdade@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
