Estás en:Novas
Fondo Social Europeo Plus

Programa Fórmate na Empresa: Garantía Xuvenil – DATA LÍMITE: 16/02/2026

Programa Fórmate na Empresa: Garantía Xuvenil – DATA LÍMITE: 16/02/2026

Convocatoria:
Subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa Fórmate na Empresa).

Finalidade:
A finalidade destes programas é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no SNGX, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.
A concesión da subvención tramítase en réxime de concorrencia competitiva e efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

Entidades beneficiarias:
• Os concellos galegos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como as entidades resultantes da fusión de concellos. Así mesmo, aqueles concellos que, sen constituíren mancomunidade, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación.
• As entidades privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas, domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e que desenvolvan actividades no eido da mocidade e/ou do emprego, e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Gastos subvencionables:
Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento dos programas.
Os programas de estadías formativas-programa Fórmate na Empresa deberán cumprir as seguintes condicións:
• Contar cun mínimo de 8 e un máximo de 12 persoas mozas participantes.
• O período de realización de estadías formativas nas empresas ou entidades será dun mínimo de 3 e un máximo de 4 meses consecutivos.
• O período de realización das estadías formativas nas empresas ou entidades públicas ou privadas deberá finalizar, como data límite, o 31 de outubro de 2026.

Contía da subvención:
Poderase solicitar un anticipo de ata o 80% do importe concedido en cada anualidade.
En todo o caso, o importe máximo da axuda que se concederá a cada entidade beneficiaria establécese en 100.000 €.

Prazo:
Prazo de presentación de solicitudes: 16/01/2026 - 16/02/2026

Documentación e bases:
Bases reguladoras 
BDNS 
Sede electrónica 

Contacto:
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil
Teléfono: 981544645
Correo-e: programas.xuventude@xunta.es

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal