Estás en:Novas
Outras convocatorias

Programa de infravivenda – DATA LÍMITE: 03/07/2026

Programa de infravivenda – DATA LÍMITE: 03/07/2026

Convocatoria:
Programa de infravivenda para o ano 2026.

Obxecto:
Axudas en concorrencia non competitiva dirixidas a prestarlles apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes, en:
• Axudar ás unidades de convivencia que residan en condicións de propietarias nunha infravivenda e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade.
• Rehabilitar infravivendas do seu patrimonio municipal para destinalas a solucionar os problemas de residencia.

Entidades beneficiarias:
Concellos de Galicia que cumpran cos seguintes requisitos:
• Ter menos de 10.000 habitantes.
• Ter cumprido co deber de remitir ao Consello de Contas de Galicia as contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria.

Gastos subvencionables:
• A reforma ou rehabilitación de elementos exteriores.
• A mellora das condicións estruturais e de seguranza.
• A mellora da accesibilidade da edificación ou das vivendas.
• A mellora da habitabilidade. Inclúense dentro desta actuación a execución de obras que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

Contía da Subvención:
As axudas poderán acadar ata o 95% do orzamento protexido das obras.
Importe máximo:15.000€ por vivenda rehabilitada.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 23/01/2026 - 03/07/2026

Documentación e Bases:
Bases reguladoras 
BDNS 
Sede electrónica 

Contacto:
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal