Estás en:Novas
Outras convocatorias

Habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia - DATA LÍMITE: 03/03/2026

Habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia - DATA LÍMITE: 03/03/2026

Convocatoria:
Axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxectivos:
Mellora dos servizos e acondicionamento de infraestruturas existentes ou de nova incorporación co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas para desenvolver a súa actividade económica, fomentando así a implantación e fixación de empresas.

Entidades beneficiarias:
Os concellos de Galicia, de forma individual ou conxunta (agrupacións, asociacións, mancomunidades, fusións ou fórmulas similares), que realicen investimentos para a habilitación e mellora de infraestruturas en parques empresariais existentes ou en desenvolvemento no seu ámbito territorial ou en termos municipais limítrofes.

Gastos subvencionables:
Actuacións relacionadas con:
• Melloras na iluminación pública eficiente dos parques empresariais.
• Plantas de depuración de augas e colectores con vertedura á depuradora municipal.
• Xestión de residuos dentro do parque empresarial.
• Infraestruturas viarias de acceso e interiores ao parque empresarial.
• Servizos centralizados de subministración de gas e/ou hidróxeno.
• Melloras nas infraestruturas e espazos públicos urbanizados orientadas á integración paisaxística.

Contía da subvención:
Ata o 80% do investimento subvencionable.
Máximo de 120.000 € para solicitudes individuais.
Máximo de 138.000 € para solicitudes conxuntas.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 04/02/2026 - 03/03/2026

Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Consellería de Economía e Industria
Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial
Edificio IGAPE. Santiago de Compostela.
Tlf.: 981 545 572
Correo-e:cei.sxai@xunta.gal

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal