Servizos sociais comunitarios: contías das transferencias finalistas 2025 e corrección de erros nas bases das subvencións para a promoción da igualdade
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Política Social e Igualdade
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI435A).
"Na páxina 9626, no primeiro parágrafo do número 5 do artigo 6, sobre accións subvencionables e contía da axuda, a continuación do texto «aplicando sobre o gasto total subvencionable a porcentaxe de intensidade de axuda que corresponda:» debe engadirse: «– Máis de 75 e ata 100 puntos: 100% do gasto subvencionable»."
