Marzo en feminino
Empeza marzo, e con el arranca Campaña pola igualdade que a Biblioteca vai desenvolver este mes.
Un só día para reivindicar a igualdade fáisenos moi pouco.
Por iso, desde a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, adicamos o mes de marzo a traballar, de xeito aínda máis activo que o resto do ano, a prol dos dereitos das mulleres e as nenas.
A nosa campaña de "Marzo en feminino" abrangue varias iniciativas que agardavos vos acheguen á reflexión e a poñer en valor a loita feminista.
Propostas para a igualdade:
Cada día (de luns venres) recomendamos unha creadora referente no activismo pola igualdade. Trataremos de seleccionar as elixidas entre as nosas veciñas da provincia, e poderedes seguir a selección a través das redes da Biblioteca, no web ou físicamente na sección de préstamo.
