A Deputación da Coruña investirá este ano 12,2 millóns de euros na conservación das estradas provinciais
O pleno aprobou o Plan de Conservación de Vías Provinciais 2026, que incrementa o seu orzamento nun 7,5% e, xunto cos programas de reparacións urxentes e desbroces, supón un investimento medio de 8.192 euros por quilómetro na rede viaria provincial
O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, cos votos favorables de PSOE, BNG e AV e a abstención do PP, a primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais 2026, que contará cun orzamento de 12.242.041 euros, o que supón un incremento do 7,5% respecto ao pasado ano.
O plan contempla a execución de obras de mantemento, reparación de firmes e pavi-mentación nos máis de 2.000 quilómetros de estradas que integran a rede provincial, co obxectivo de mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade viaria.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a importancia des-tas actuacións, subliñando que "manter en boas condicións unha rede tan extensa é unha tarefa continua e prioritaria, porque as estradas provinciais son unha infraestrutura básica para a mobilidade diaria da xente e para a actividade económica da provincia".
A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de ro-daxe, así como á mellora da sinalización horizontal e vertical. Pola súa banda, a lim-peza e apertura de cunetas, as obras de drenaxe e a instalación de defensas viarias supoñen arredor do 17% do total.
O presidente provincial incidiu tamén na relevancia do Plan de Conservación, xunto cos programas de reparacións urxentes e de roza e limpeza das marxes, especialmen-te tras as intensas precipitacións rexistradas nos últimos meses. "As fortes choivas provocaron danos e incidencias en distintos puntos da rede, polo que contar con estes plans é fundamental para actuar con rapidez, mellorar pavimentacións e drenaxes e garantir a seguridade da circulación en condicións adversas", afirmou.
Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras dispón dun programa específico de reparacións urxentes e doutro destinado á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, cuxo orzamento aumenta en 2026 de 3,8 a 4,1 millóns de euros. Esta partida permite realizar varias campañas de limpeza ao longo do ano para mellorar a visibilidade, facilitar a evacuación das augas pluviais e contribuír á prevención de in-cendios.
A deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, destacou que o conxunto dos pro-gramas de conservación, reparacións urxentes e roza supón un investimento medio de máis de 8.192 euros por quilómetro. "O mantemento da ampla rede de estradas pro-vinciais é tan importante como a construción de novas infraestruturas. Un bo estado de conservación é clave para a seguridade viaria e para garantir un servizo de calidade á cidadanía", sinalou.
O Plan de Conservación 2026 distribúe os investimentos en 36 grupos de actuación que abarcan o conxunto do territorio provincial, garantindo unha intervención equilibra-da e continua nas diferentes comarcas.
DENOMINACIÓN DA OBRA | IMPORTE / € |
GRUPO 1A – Ortigueira | 203.110,53 € |
GRUPO 1B – Cariño | 275.582,01 € |
GRUPO 2 – Mañón e As Pontes | 210.830,17 € |
GRUPO 3 – Cedeira, Cerdido e Valdoviño | 306.609,84 € |
GRUPO 4 – Ferrol e Narón | 558.750,30 € |
GRUPO 5 – Moeche, San Sadurniño e As Somozas | 369.968,17 € |
GRUPO 6 – Ares, Fene, Mugardos e Neda | 514.780,85 € |
GRUPO 7 – Cabanas, Miño, Paderne e Pontedeume | 354.768,47 € |
GRUPO 8 – As Pontes, Irixoa, Monfero e Vilarmaior | 272.614,73 € |
GRUPO 9 – Oleiros e Sada | 449.988,07 € |
GRUPO 10 – Cambre, Bergondo e Betanzos | 553.998,85 € |
GRUPO 11 – Abegondo, Carral e Oza-Cesuras | 471.589,53 € |
GRUPO 12 – Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis e Oza-Cesuras | 404.358,28 € |
GRUPO 13A – Frades, Ordes, Oroso e O Pino | 233.255,52 € |
GRUPO 13B – Boimorto, Mesía e Vilasantar | 362.882,80 € |
GRUPO 14 – Melide, Santiso, Sobrado e Toques | 446.287,25 € |
GRUPO 15 – Arzúa, Boqueixón, O Pino e Touro | 429.445,30 € |
GRUPO 16 – Arteixo, A Coruña e Culleredo | 561.552,09 € |
GRUPO 17 – Carballo, Cerceda e Laracha | 450.152,48 € |
GRUPO 18 – Cabana, Malpica e Ponteceso | 381.411,17 € |
GRUPO 19 – Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo | 145.376,65 € |
GRUPO 20 – Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos | 203.999,65 € |
GRUPO 21 – Ames, A Baña, Negreira e Val do Dubra | 386.092,77 € |
GRUPO 22 – Ordes, Santiago, Tordoia, Trazo e Val do Dubra | 415.235,89 € |
GRUPO 23 – Mazaricos, Muros e Outes | 428.100,07 € |
GRUPO 24 – Boiro, Lousame e Noia | 509.372,22 € |
GRUPO 25 – Brión, Dodro, Padrón e Rois | 419.935,21 € |
GRUPO 26 – Ames, Santiago, Teo e Vedra | 323.626,75 € |
GRUPO 27 – Boiro e Rianxo | 296.854,77 € |
GRUPO 28 – A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira | 463.319,09 € |
GRUPO 34 – D.P. 1914 Carballo a Portomouro | 260.072,39 € |
GRUPO 35 – Coristanco, Santa Comba e Zas | 341.777,31 € |
GRUPO 36 – D.P. 3404 Serra de Outes a Dumbría | 236.342,04 € |
TOTAL………………………………. | 12,242,041,22 € |
