Estás en:Novas

Natividade González asiste en Zas ao primeiro pase do documental ‘A Costa e os Castelos. Unha viaxe pola Costa da Morte’

O traballo dirixido por Alejandro Gándara foi un dos gañadors do III Certame "Fondo de proxectos culturais Reino de Galiza" que organiza a Área de Cultura da Deputación da Coruña

Natividade González asiste en Zas ao primeiro pase do documental ‘A Costa e os Castelos. Unha viaxe pola Costa da Morte’

A Deputación da Coruña presentou o venres nas Torres do Allo, no concello de Zas, o documental 'A Costa e os Castelos. Unha viaxe pola Costa da Morte', dirixido por Alejandro Gándara Porteiro, un proxecto recoñecido con 14.000 euros no III Certame "Fondo de proxectos culturais Reino de Galiza".

O acto contou coa participación da deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; do alcalde de Zas, Manuel Muíño; e do propio director do documental, Alejandro Gándara, que interveu durante a presentación da obra.

O documental propón unha viaxe pola Costa da Morte a través do seu patrimonio histórico, con especial atención a elementos como castelos, torres e pazos, ofrecendo unha aproximación ao valor cultural e patrimonial deste territorio.

Tras o pase deste venrs en Zas, mañá sábado será presentado no Espazo Sol de Carballo, ás 20 horas.