Estás en:Novas

Un total de 36 probas conforman o Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña en 2026

O programa percorrerá a provincia ao longo do ano con probas en diferentes concellos e distancias

Un total de 36 probas conforman o Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña en 2026

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a relación de probas que integran o XII Circuíto de Carreiras, unha iniciativa consolidada que volverá levar o atletismo popular a 36 concellos da provincia ao longo de 2026 e que o pasado ano reuniu a arredor de 18.000 atletas de todas as idades.

As carreiras desta edición comezaron xa esta pasada fin de semana coa celebración da Carreira Popular Pascua de Padrón, unha das probas máis consolidadas do calendario.

O circuíto estará composto por 36 carreiras, que se celebrarán en diferentes concellos coruñeses e que incluirán probas de distintas distancias, adaptadas a diversos niveis de participación.

A relación completa de carreiras é a seguinte:

Nome

Concello

Data de celebración

45º Carreira Popular Pascua de Padrón

Padrón

4 de abril

Carreira Popular Concello de Vimianzo

Vimianzo

12 de abril

XI Carreira Pedestre Concello de Zas

Zas

26 de abril

XI Carreira Pedestre Popular Concello de Frades

Frades

1 de maio

Carreira Popular da Baña

A Baña

3 de maio

X Carreira Pedestre Concello de Dumbría

Dumbría

23 de maio

XXIX Carreira Popular Concello de Ordes

Ordes

24 de maio

XI Carreira Popular Concello de Moeche

Moeche

30 de maio

10K Carballo. XIV Carreira Popular Concello de Carballo

Carballo

7 de xuño

6ª Popular Faro Roncudo

Ponteceso

13 de xuño

Volta ás Forcadas

Valdoviño

14 de xuño

Carreira Popular do Apóstolo

A Laracha

18 de xullo

11ª Carreira Pedestre Nocturna Concello de Cee

Cee

18 de xullo

Piñeiral de Cabanas

Cabanas

2 de agosto

Milla Urbana Concello de Ares

Ares

8 de agosto

X Corretroita Popular Concello de Sobrado

Sobrado

8 de agosto

XXXIII Carreira Popular Concello de Cambre

Cambre

15 de agosto

Carreira Pedestre Popular de Noia (Noia Medieval)

Noia

29 de agosto

Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal

30 de agosto

Carreira Vila de Corcubión

Corcubión

5 de setembro

Carreira Nocturna “Corre por Ferrol”

Ferrol

12 de setembro

XI Carreira Popular Dolmen de Dombate

Cabana de Bergantiños

19 de setembro

XXI Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino

O Pino

20 de setembro

XXVII Carreira Popular Santa Uxía - Memorial Miguel Ruiz

Ribeira

26 de setembro

Trillazo 2026

Trazo

26 de setembro

Carreira das Areas

Carnota

27 de setembro

XLIII Carreira Pedestre Popular da Amaía

Brión

3 de outubro

XXI Carreira Pedestre de Lestrobe

Dodro

12 de outubro

IV Trail Concello de Mañón

Mañón

17 de outubro

XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

Ames

18 de outubro

XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Rianxo

1 de novembro

Carreira Internacional A Clásica de Negreira

Negreira

15 de novembro

XXI Carreira Popular Mar de Boiro - Memorial Pepe Buceta

Boiro

6 de decembro

Sinsón 10K

Porto do Son

20 de decembro

San Silvestre Concello de Neda

Neda

31 de decembro

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou "a boa acollida que ten cada ano o circuíto e o traballo conxunto entre a Deputación, os concellos e a Federación Galega de Atletismo para garantir probas ben organizadas e abertas a todo tipo de participantes".

O XII Circuíto manterá o seu carácter aberto, con categorías para diferentes idades e niveis, consolidando un calendario deportivo presente en toda a provincia ao longo do ano.