EGAP: bases e convocatoria de subvencións para o financiamento dos plans de formación das EE.LL. 2026
Escola Galega de Administración Pública
Resolución do 24 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2026, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (código de procedemento PR780A).BDNS (Identif.): 903270
