Estás en:Novas
Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura - FEMPA

Axudas para fomentar a remuda xeracional no sector pesqueiro - 30/10/2026

Axudas para fomentar a remuda xeracional no sector pesqueiro - 30/10/2026

Convocatoria:
Axudas para fomentar a remuda xeracional no sector pesqueiro

Obxectivos:
Conceder axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para fomentar a experiencia e a remuda xeracional a través da formación dos/das estudantes dos ciclos formativos náutico-pesqueiros, de cara a facilitar o seu embarque e a súa formación a bordo.

Entidades beneficiarias:
Persoas físicas ou xurídicas, armadoras de buques pesqueiros inscritos no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia, que faciliten o embarque dos/das estudantes dos ciclos formativos náutico-pesqueiros que necesiten un período de embarque nun buque de pesca para obter un título profesional pesqueiro

Gastos subvencionables:
• Manutención: 33,26 euros por estudante e día de embarque.
• Equipamento e roupa de traballo: 500 euros por estudante.
• Gastos de viaxe.
• Custos indirectos (porcentaxe fixa do 7% do gasto directo total subvencionable).

Contía da subvención:
Intensidade máxima da axuda: ata o 100% do gasto subvencionable.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitude: 04/06/2026 - 30/10/2026

Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Consellería do Mar
Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras
Santiago de Compostela
Tlf: 981 546 141
Correo-e: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal

Máis información - Impulso local