Estás en:Novas

Plans provinciais de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal: POS+ 2026 e POS+Adicional 3/2026

Deputación Provincial da Coruña

Servizo de Xestión de Plans.

BOP A CORUÑA 02/06/2026
Aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2026
"O que se expón ao público por un prazo de dez días, que se contarán dende o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co obxecto de que se poidan presentar as reclamacións ou alegacións que se consideren oportunas, quedando de manifesto o correspondente expediente no Servizo de Xestión de Plans."

Aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+Adicional 3/2026
"Aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+Adicional 3/2026 para a redución da débeda dos concellos con esta deputación pola utilización do préstamo provincial nos Plans provinciais, Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2015 e 2016 e no POS+2017 a 2023, ou para gasto corrente dos concellos sen esta débeda
O que se expón ao público por un prazo de dez días, que se contarán dende o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co obxecto de que se poidan presentar as reclamacións ou alegacións que se consideren oportunas, quedando de manifesto o correspondente expediente no Servizo de Xestión de Plans."