Estás en:Novas

Día Internacional do Orgullo LGBTIQA+

Para celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+, a Biblioteca Provincial ofrece ás persoas usuarias un conxunto de seleccións de obras que achegan diversas formas de percibir e sentir a identidade de xénero e a orientación sexual

Día Internacional do Orgullo LGBTIQA+

O 28 de xuño é a data na que se reivindica a liberdade de cada persoa para vivir a súa orientación sexual ou identidade de xénero tal e como as sinta. Deste xeito, coa celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+, se trata de contribuír a que todas as persoas se sintan cómodas consigo mesmas en todas as esferas da súa vida, e de que non teñan que se ver obrigadas a padecer diferentes actitudes ou comportamentos que poidan resultar discriminatorios ou ir en contra dos seus dereitos fundamentais. En realidade, búscase que todas as persoas sexan vistas e tratadas de igual maneira.

A Biblioteca Provincial pon ao dispor das persoas usuarias diversas seleccións de recomendacións lectoras, obras que ofrecen diferentes perspectivas da comunidade LGTBQIA+ e que están dispoñibles para préstamo: na Sala Xuvenil (andar baixo), na Sección de Préstamo (primeiro andar) e na eBiblioDaCoruna.