Estás en:Novas

Regueira destaca a autenticidade dos “viños que falan moi ben de nós” na xornada sobre os viños das IXP de Galicia

O vicepresidente, Xosé Regueira, participou esta mañá nunha das xornadas enoturísticas das IXP de Viño de Galicia que se celebrou no Pazo de Mariñán, adicada aos viños de Betanzos

"O viño é, para nós, un dos elementos fundamentais na promoción do territorio", sinalou Regueira, "e o lema destas xornadas (Viños que falan de nós) vai na mesma liña que a nosa estratexia de promoción turística, que pon en valor a paisaxe, o territorio e as persoas que viven e traballan nel"

Regueira destaca a autenticidade dos “viños que falan moi ben de nós” na xornada sobre os viños das IXP de Galicia

O Pazo de Mariñán acolleu esta mañá unha das cinco xornadas dos viños das IXP de Galicia, "Viños que falan de nós", que hoxe se adicou ao viño da Terra de Betanzos, sumándose ás do viño da Terra Val do Miño (Ourense); Viño da Terra de Barbanza e Iria; Ribeiras do Morrazo e Terras do Navia. O vicepresidente, Xosé Regueira, participou na inauguración, onde salientou a "calidade e autenticidade" destes viños, "que falan moi ben de nós".

"O viño é, para nós, un dos elementos fundamentais na promoción do territorio", sinalou Regueira, "e o lema destas xornadas (Viños que falan de nós) vai na mesma liña que a nosa estratexia de promoción turística, que pon en valor a paisaxe, o territorio e as persoas que viven e traballan nel". Neste sentido, destacou o "esforzo" das persoas que "cun gran compromiso coa terra souberon manter un conservar un traballo tradicional como este, e un legado, e traelo até aquí".

Nese sentido, o vicepresidente apuntou que un turismo de calidade "é aquel que, precisamente, sabe respectar o territorio e valorar a nosa autenticidade", e a cultura enogastronómica é "fundamental" porque "fala de nós, e fala moi ben de nós", por iso "é para a área de turismo da Deputación un elemento de promoción estratéxico".

As xornadas "Viños que falan de nós", organizadas polo Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos no marco do proxecto de cooperación LEADER "IXP Viños de Galicia" están destinadas a poñer en valor a cultura vitivinícola do país, buscando sinerxías que permitan promocionar o patrimonio vitivinícola de cada zona mediante un turismo sostible que pona en valor a tradición e cultura do viño a través de experiencias turísticas únicas. A que se celebra hoxe no Pazo de Mariñán inclúe unha presentación dun itinerario enoturístico da IXP Betanzos; dun proxecto de cooperación e unha cata institucional.