Estás en:Novas

A Deputación da Coruña acerca o medio mariño a máis de 300 persoas con diversidade funcional

A iniciativa "Achegándonos aos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia", organizada pola institución provincial, celebrou 11 eventos entres os meses de abril a xuño.

A Deputación da Coruña acerca o medio mariño a máis de 300 persoas con diversidade funcional

A Deputación da Coruña concluiu con éxito o programa de educación ambiental "Achegándonos aos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia", unha iniciativa que permitiu facer chegar o mar e as especies mariñas ameazadas ao entorno das persoas con diversidade funcional. O proxecto concluiu tras a realización de 11 edicións impartidos en diferentes centros da provincia da Coruña, coa participación de 301 persoas usuarias con diferentes tipos de discapacidade.

O programa buscou adaptar os contidos, a información e as ferramentas de divulgación para levar o mar e o coñecemento sobre as especies mariñas ameazadas directamente ao entorno de confort das persoas con diversidade funcional.

Para lograr unha integración total contouse cunha metodoloxía moi práctica e interactiva. Co apoio de material audiovisual, maquetas e estruturas duras, o equipo de CEMMA facilitou aos asistentes o contacto táctil con materiais procedentes do traballo diario da organización. Elementos físicos reais que permitiron aos participantes comprender as formas, texturas e a verdadeira natureza destas especies.

O programa desplazouse a distintos concellos da provincia, en concreto, os 11 eventos desta edición impartíronse nas instalacións dos seguintes centros:

-Adisbismur, Outes, Muros.
-ASPROMOR, Ortigueira.
-Asociación Íntegro, Cabana de Bergantiños.
-Ocio Inclusión Oleiros, Oleiros.
-Asociación ASPADEX, Cee (2 edicións).
-Asociación AMICOS, Boiro.
-Asociación Nuestra Señora de Chamorro(2 edicións).
-Asociación ASPAS, Santiago de Compostela (2 edicións).