Estás en:Novas

O fútbol afeccionado provincial vive a súa gran festa coa fase final da Copa Deputación

Centos de afeccionados congregaranse en Miño para gozar dos encontros de semifinais e a gran final a partir das 19:00 horas

O fútbol afeccionado provincial vive a súa gran festa coa fase final da Copa Deputación

O campo municipal de Gallamonde, no Concello de Miño, acollerá mañá, sábado 1 de agosto, a gran festa do fútbol afeccionado provincial coa celebración da fase final da Copa Deputación de fútbol en categoría masculina. Durante toda a xornada, centos de afeccionados dos catro equipos implicados na competición encherán as bancadas para apoiar os seus respectivos equipos.

A competición comezará pola mañá cos partidos de semifinais. Ás 10:30 horas dará arranque a competición co enfrontamento entre o San Tirso SD e a SD Negreira; seguido, ás 12:30 horas, xogarase o Muxía CF contra a SD O Val. Xa pola tarde, a partir das 19:00 horas, arrancará a gran final que coroará ao gran campión do fútbol afeccionado coruñés.

O campión participará na fase previa da Copa do Rei

En categoría masculina, a Copa Deputación outorga 12.000 euros en premios (5.000 ao campión, 4.000 ao subcampión e 1.500 aos dous semifinalistas eliminados). Pero non só iso, pois o gañador deste trofeo participará na Supercopa Deputación, na que xogarán os catro equipos gañadores da Copa Deputación da súa respectiva provincia. En suma, o campión desta competición xogará a fase previa da Copa do Rei.

Como novidade desta edición, as convocatorias serán de 25 xogadores por equipo, sendo os cambios ilimitados. Esta medida adóptase para favorecer o espectáculo e poder celebrar a competición no mesmo día.

Á entrega de premios, que terá lugar inmediatamente despois de coñecer ao equipo campión, asistirá en representación da Deputación da Coruña o voceiro do goberno provincial, Bernardo Fernández.