Estás en:Novas
EBIBLIODACORUNA

Persoas premiadas do Reto Lector: "Un atardecer, dous solpores"

Xa temos gañadoras do Reto lector da eBiblioDaCoruna!

Revisa o teu correo electrónico para comprobar se fuches unha das dez persoas premiadas.

Persoas premiadas do Reto Lector:

Reto Lector: Un atardecer, dous solpores

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña presentou este verán o Reto Lector "Un atardecer, dous solpores", no marco da preparación para a eclipse solar deste 2026.

As 10 persoas que rexistraron un maior número de préstamos e máis consultaron os recursos seleccionados son as gañadoras dun lote de produtos da biblioteca.

O contacto, para comunicar a nova, farase a través do enderezo electrónico de usuario da Biblioteca dixital.

Para a recollida do premio, propoñemos:

  • Que as persoas que residades no concello da Coruña vos acheguedes á biblioteca para recoller o voso agasallo:
    • Rúa Rego de Auga 27, 15001 A Coruña (1.º andar)
    • De luns a venres, de 8:30 a 13:45 h e de 15:30 a 20:15 h
    • Desde o 19 de agosto
  • Que ás persoas que residades en calquera outro lugar da provincia, podemos facervos chegar o premio por correo, polo que precisamos un enderezo postal a onde envialo.

Queremos agradecer a vosa participación, elixindo a eBiblioDaCoruna para informarvos sobre o evento astronómico deste 2026.

Moitas grazas e parabéns ás persoas premiadas!