Estás en:Novas

A Deputación apoia unha nova edición do Pantín Classic, que sitúa Valdoviño no mapa mundial do surf

A Deputación apoia unha nova edición do Pantín Classic, que sitúa Valdoviño no mapa mundial do surf

O deputado portavoz do Goberno da Deputación da Coruña, Bernardo Fernández, participou hoxe na presentación da 39ª edición do ABANCA Pantín Classic Galicia Pro, que se celebrará do 22 ao 30 de agosto na praia de Pantín, en Valdoviño.

Fernández destacou a importancia dunha cita que volve situar a provincia da Coruña no primeiro nivel do surf internacional e reafirmou o apoio da Deputación a un evento deportivo que este ano dá un novo salto coa categoría QS 6000 da World Surf League. A competición reunirá en Pantín a máis de 250 surfistas procedentes de 23 nacionalidades durante nove días de deporte e actividades paralelas.