Estás en:Novas

“Pero tentarei defender o estritamente necesario que hai”

Tema: María Montessori e o seu método
Canción: "Lo stretto necessario", Levante (con Carmen Consoli)
...Ma proverò a difendere lo stretto necessario che c'è...

“Pero tentarei defender o estritamente necesario que hai”

A intérprete das nenas e dos nenos que revolucionou a educación.

Apurando os últimos días das vacacións, xa vai entrando setembro despois de despedir agosto. Sería nestas datas, o 31 de agosto de 1870, cando nacería María Montessori en Chiaravalle (Italia). A pesar de que nun primeiro momento se mostrou interesada na medicina, superando tanto impedimentos familiares coma sociais e converténdose nunha das primeiras mulleres médicas en Europa, tamén realizou estudos de bioloxía, antropoloxía, psicoloxía e filosofía. Pero, o impacto que lle causaría traballar con nenas e nenos nunha clínica psiquiátrica de Roma, levouna a tratar de cambiar a situación de abandono e malos tratos que padecían. Así, acabou por dedicar a súa vida á defensa dos dereitos da infancia e das mulleres. A gran achega de María foi entender que un ambiente agradable e estimulante e materiais didácticos adecuados eran determinantes para o desenvolvemento das habilidades intelectuais e sociais das pequenas e pequenos. Partindo deste convencemento, mandaría facer un mobiliario proporcionado ao tamaño das nenas e nenos, algo verdadeiramente innovador no seu tempo, deseñaría material pedagóxico adecuado ás súas idades e aos seus períodos sensibles e integraría a diversidade funcional na escola regular. O seu método educativo baseábase na observación científica das pequenas e pequenos e no respecto ao seu desenvolvemento natural. Ao longo dos anos, foi secundado por numerosas educadoras e educadores de todo o mundo, e continúa vixente na actualidade.

A infancia respectada e autónoma, estritamente necesaria para o futuro.

Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=k2d-7xTkj40

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/5cmf88Zsg5NMlE3ghN1Xtg

Recomendacións lectoras
Papel:
• "Educar para la paz: la importancia del entendimiento en los vínculos y las relaciones", María Montessori, Daniele Novara e Laura Beltrami [sinatura: 3M/9907]
• "Mulleres imprescindibles : educadoras na vangarda do século xx" [sinatura: GAL I 176]
• "La escuela de la vida", Laura Baldini [sinatura: 3A/4480]
• "Mi pequeño cuaderno Montessori: desde el nacimiento" Sylvie e Noémie d'Esclaibes [sinatura: 3M/594]
• "Montessori para bebés: enséñame a ser yo mismo", Charlotte Poussin [sinatura: 3M/33632]
• "Educación para un mundo novo", María Montessori [sinatura: GAL/9636]
• "María Barbeito: unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970)", Ana Romero Masiá [sinatura: GAL/7381]
• "Supermujeres superinventoras: ideas brillantes que transformaron nuestra vida", Sandra Uve [sinatura: 929 UVE sup / v]
• "Mujeres", Isabel Ruiz Ruiz [sinatura: 929 RUI muj / v]

Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-revolucion-en-las-aulas-manifiesto-por-una-educacion-consciente-00401022
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-prodigio-de-las-migas-de-pan-00143370
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-nino-es-el-maestro-vida-de-maria-montessori-00078584
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/vida-practica-vida-sensorial-montessori-paso-a-paso-00458493
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/montessorizate-criar-siguiendo-los-principios-montessori-00253640
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/cuentos-montessori-para-crecer-felices-00038264
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-huerto-en-casa-al-estilo-montessori-00406000
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/cientificas-astronomas-biologas-ingenieras-y-muchas-mas-que-han-hecho-historia-00330640
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/100-mujeres-que-cambiaron-el-mundo-coleccion-100-00461036