Estás en:Novas

Valentín González Formoso recibe a Cruz de Prata da Garda Civil nos actos do Día do Pilar na Coruña

O presidente da Deputación agradeceu a distinción e destacou o servizo que presta a Garda Civil á cidadanía, especialmente nos concellos e no ámbito rural da provincia

Valentín González Formoso recibe a Cruz de Prata da Garda Civil nos actos do Día do Pilar na Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe nos actos conmemorativos do Día do Pilar, patroa da Garda Civil, celebrados na Comandancia de Lonzas, na Coruña, onde recibiu a Cruz de Prata da Garda Civil.

Formoso agradeceu a concesión desta distinción e trasladou a súa felicitación aos homes e mulleres que integran a Garda Civil e destacou a súa vocación de servizo, profesionalidade e compromiso coa seguridade e coa protección da cidadanía.

Formoso puxo especialmente en valor a presenza da Garda Civil no territorio e o papel que desenvolve nos municipios de menor tamaño e nas zonas rurais, onde constitúe un servizo esencial e próximo para milleiros de veciños e veciñas.

O presidente da Deputación destacou tamén o traballo diario dos axentes en ámbitos como a seguridade cidadá, a protección das persoas máis vulnerables, a seguridade viaria, a loita contra a delincuencia ou a atención ante situacións de emerxencia.

Durante o acto institucional celebrado na Comandancia da Garda Civil da Coruña impuxéronse distintas condecoracións e recoñecementos e rendeuse homenaxe aos membros do corpo que desenvolveron a súa traxectoria ao servizo da cidadanía.