Estás en:Novas

Píldora Seguridade: Uso responsable da Intelixencia Artificial

Boas prácticas en seguridade da información

Píldora Seguridade:  Uso responsable da Intelixencia Artificial
Deputación da Coruña Concello Dixital

PÍLULAS FORMATIVAS

Boas prácticas en seguridade da información

Uso responsable da Intelixencia Artificial

A Intelixencia Artificial pode axudarnos a traballar de forma máis áxil e eficiente, pero debemos utilizala de maneira segura e responsable. Para uso corporativo estarán dispoñibles ferramentas autorizadas como Gemini, que deberán empregarse exclusivamente para fins profesionais e respectando as normas establecidas pola Deputación.

Como podes utilizar a IA?

As ferramentas de IA autorizadas poden servir de apoio para realizar tarefas relacionadas coas túas funcións profesionais, sempre que se respecte a confidencialidade e seguridade da información.

✓
Podes utilizalas para redactar textos, realizar resumos, traducións, análises ou apoiar a elaboración de informes.
✓
Podes empregalas para automatizar tarefas sinxelas e repetitivas de busca e análise de información.
✓
A IA pode axudar a mellorar a eficacia e eficiencia dos servizos, pero os seus resultados deben ser sempre revisados e validados por unha persoa.

Que debes evitar?

Non toda a información pode introducirse nunha ferramenta de IA. Antes de utilizala, comproba que o seu uso está autorizado e que a información que vas proporcionar pode ser tratada con seguridade.

✓
Evita introducir datos persoais, confidenciais ou sensibles sempre que sexa posible.
✓
Non utilices ferramentas de IA non autorizadas pola Deputación nin as empregues para fins particulares.
✓
Non utilices a IA para crear, corrixir ou modificar documentos oficiais ou confidenciais sen autorización previa.
✓
Fai un uso responsable da IA, evitando contidos que poidan vulnerar dereitos fundamentais, difundir información falsa ou comprometer a imaxe institucional.

Ti es responsable do resultado

✓
Revisa e valida sempre as respostas xeradas pola IA antes de utilizalas ou compartilas.
✓
Non automatices decisións que afecten a persoas sen supervisión humana.
✓
Comunica calquera mal funcionamento, sesgo, risco de seguridade ou resultado inadecuado que detectes.

Lembra!

Utiliza unicamente as ferramentas de IA autorizadas pola Deputación. Gemini estará dispoñible para uso corporativo. As conversas mantidas coas ferramentas de IA quedarán rexistradas e estarán suxeitas a monitorización e auditoría. Mantén sempre a supervisión humana nas decisións que afecten a persoas e verifica os resultados xerados pola IA antes de empregalos.