Estás en:Novas

Bernardo Barreiro, o historiador da Biblioteca Provincial

Este ano o Día das Bibliotecas celebra os seus profesionais, co lema "Sen profesionais non hai bibliotecas". A Biblioteca Provincial quere sumarse a esta iniciativa, rendendo unha homenaxe e recoñecemento ás persoas que exerceron de bibliotecarios na BPDC.

Bernardo Barreiro, o historiador da Biblioteca Provincial

Bernardo Barreiro de Vázquez Varela (Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1850 - A Coruña, 27 de novembro de 1904)
• Data de publicación: 21 de outubro de 2026
• Ocupación: arquiveiro, historiador, xornalista, escritor e poeta
• Apuntes biográficos:
◦ redactor de La Ilustración Gallega y Asturiana.
◦ arquiveiro do Concello de Santiago de Compostela (1881).
◦ fundador e director de Galicia diplomática (1882-1893).
◦ arquiveiro-biblioteario da Deputación da Coruña (1888-1904).
• Obras:
◦ Galicia diplomática (1882-1893) [HM 406].
◦ Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano (1885) [sinatura: M/201, LS/145]
◦ Catálogo por orden alfabético de autores de las obras que existen en la Biblioteca de la Diputación Provincial de La Coruña (1893) [sinatura: FGA/16, BM/3054]
• Imaxe: Real Academia Galega

A Deputación Provincial da Coruña aprobou na sesión do 10 de novembro de 1881 a proposta que presentara o deputado Maximiliano Linares Rivas. Como resultado, a "refundada" Biblioteca Provincial pasaba a estar a cargo dun Oficial Bibliotecario-Arquiveiro.

Bernardo Barreiro tivo unha importante traxectoria como xornalista, fundando e dirixindo diversos xornais e revistas; entre eles estaba Galicia Diplomática, unha revista especializada no estudo dos arquivos, as bibliotecas, a historia... Tamén destacou como arquiveiro, pasando polo arquivo de Simancas e o do Concello de Santiago de Compostela. Ata que, por oposición, gañou o posto de Oficial Bibliotecario-arquiveiro da Deputación da Coruña. Durante o desempeño deste cargo realizaría o Catálogo por orde alfabética de autores das obras que existen na Biblioteca da Deputación Provincial A Coruña, unha obra relevante por conter a primeira historia da Biblioteca Provincial.