Estás en:Novas

A Deputación da Coruña garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Urda

A Deputación da Coruña garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Urda

O Pleno da Deputación da Coruña comezou hoxe cun minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Urda (Toledo), como mostra de dó e solidariedade coas súas familias e persoas achegadas.

A sesión mantivo as votacións dos asuntos de tramitación ordinaria incluídos na orde do día, entre eles diversos investimentos en concellos e entidades, e adiou o debate das mocións ao vindeiro pleno provincial.