Estás en:Novas

A Deputación da Coruña financia con 9,63 millóns os servizos sociais dos concellos máis pequenos e incrementa a 16 euros a achega por hora do servizo de axuda no fogar

O BOP publica as bases do Programa de Servizos Sociais Comunitarios, que  financiará en 2027 preto de 380.000 horas de atención a domicilio e 177 postos de traballo nos servizos sociais municipais

A Deputación incrementa a achega por hora de SAF de 14 a 16 euros, un 14,3 %

A Deputación da Coruña financia con 9,63 millóns os servizos sociais dos concellos máis pequenos e incrementa a 16 euros a achega por hora do servizo de axuda no fogar

A Deputación da Coruña prevé destinar un total de 9.631.311,56 euros a financiar os servizos sociais municipais dos 82 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia durante o ano 2027.

As bases do programa, publicadas onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP), prevén financiar preto de 380.000 horas de atención a domicilio e 177 postos de persoal administrativo e técnico nos equipos municipais de servizos sociais.

O orzamento total  do programa increméntase dos 8,8 millóns deste ano aos 9,6 para 2027, o que supón un 9 % máis.

A principal novidade é o incremento da achega económica da Deputación para colaborar cos concellos no financiamento do servizo de axuda no fogar (SAF) de libre concorrencia. Por cada hora de atención prestada, a Deputación pasará de achegar 14 euros en 2026 a 16 euros en 2027, unha suba do 14,3 % e que se suma ás realizadas en anos anteriores para apoiar economicamente aos concellos nunha das partidas que máis afecta ás contas municipais, especialmente nos concellos máis pequenos. Co incremento da achega a 16 euros por hora, a Deputación asume unha maior parte do custo do servizo e axuda aos concellos a manter a atención diaria ás persoas maiores que precisan apoio para seguir vivindo na casa.

Así, por exemplo, un concello que preste 5.000 horas de axuda no fogar poderá recibir 80.000 euros da Deputación para este servizo, 10.000 euros máis que co importe por hora de 2026.

Máis de 6 millóns de euros para a atención no fogar

A Deputación prevé destinar 6.071.860,16 euros ao SAF de libre concorrencia. A través deste servizo, os concellos ofrecen apoio a persoas que precisan axuda na vida diaria para que poidan seguir vivindo na súa casa. Poden acceder a el tanto persoas sen unha situación de dependencia recoñecida como aquelas que, téndoa recoñecida, aínda carecen de acceso efectivo ao servizo pola vía da dependencia.

Ares é o concello con máis horas de axuda no fogar previstas, con 15.000 horas e unha achega provincial de 240.000 euros para este servizo. Séguenlle Malpica de Bergantiños, con 12.796 horas e 204.736 euros; Neda, con 12.000 horas e 192.000 euros; As Pontes, con 10.300 horas e 208.800 euros; Sada, con 10.256 horas e Vimianzo con 10.000 horas.

Apoio á contratación de 177 profesionais

O programa prevé destinar outros 3.559.451,40 euros para financiar os salarios e as cotizacións á Seguridade Social de 177 persoas que forman parte dos equipos municipais de servizos sociais. Deles, 86 corresponden a persoal administrativo e 91 a persoal técnico.

A achega anual da Deputación para unha xornada completa será de 18.000 euros por posto administrativo, 22.000 euros por posto técnico A2 e 26.000 euros por posto técnico A1. No caso do persoal a tempo parcial, a contía axustarase á súa dedicación aos servizos sociais, que deberá ser, como mínimo, da metade da xornada.

Estas bases para 2027 toman como referencia os módulos concedidos en 2026 e actualizan a achega por hora de SAF. Os concellos poderán solicitar de forma motivada a ampliación ou redución dos módulos previstos. As ampliacións atenderanse en función do crédito dispoñible. O prazo de presentación de solicitudes comeza o vindeiro mércores, 25 de novembro, e remata o 18 de decembro.

Detalle por concellos

Comarca da Coruña e Betanzos

Concello

Empregos

Horas de SAF

Investimento total (€)

Abegondo

3

6.500

170.000

Aranga

2

5.000

120.000

Bergondo

2

6.000

136.000

Betanzos

4

4.108

149.728

Carral

3

7.000

170.000

Coirós

2

2.000

72.000

Curtis

2

2.400

78.400

Irixoa

2

2.300

76.800

Mesía

2

2.600

81.600

Miño

3

1.416

80.256

Oza-Cesuras

2

5.300

120.800

Paderne

2

1.500

64.000

Sada

4

10.256

248.096

Sobrado

3

5.000

131.000

Vilasantar

2

2.768

84.288

Total · 15 concellos

38

64.148

1.782.968

 

Comarca de Barbanza

Concello

Empregos

Horas de SAF

Investimento total (€)

Boiro

2

4.000

104.000

Carnota

2

3.000

88.000

Lousame

2

3.500

85.000

Mazaricos

1

5.000

102.000

Muros

2

2.873

85.968

Noia

3

6.161,50

160.584

Outes

1

5.000

102.000

A Pobra do Caramiñal

2

2.000

76.000

Porto do Son

2

3.600

101.600

Rianxo

2

4.000

104.000

Total · 10 concellos

19

39.134,50

1.009.152

 

Comarcas de Bergantiños e Costa da Morte

Concello

Empregos

Horas de SAF

Investimento total (€)

Cabana de Bergantiños

2

7.000

152.000

Camariñas

3

3.000

118.000

Cee

2

2.400

78.120

Cerceda

2

9.000

184.000

Corcubión

2

1.350

55.300

Coristanco

3

6.778

174.448

Dumbría

2

4.000

104.000

Fisterra

2

1.800

71.864

A Laracha

4

7.500

200.000

Laxe

2

3.200

91.200

Malpica de Bergantiños

2

12.796

244.736

Muxía

2

2.800

84.800

Ponteceso

2

2.359

81.744

Vimianzo

5

10.000

266.000

Zas

2

9.000

184.000

Total · 15 concellos

37

82.983

2.090.212

 

Comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

Concello

Empregos

Horas de SAF

Investimento total (€)

Ares

2

15.000

280.000

Cabanas

2

6.054,75

136.876

A Capela

1

2.500

58.000

Cariño

1

7.646

140.336

Cedeira

2

2.000

72.000

Cerdido

1

4.000

82.000

Fene

4

8.000

208.000

Mañón

1

7.800

142.800

Moeche

1

2.500

58.000

Monfero

0

5.500

88.000

Mugardos

2

6.842

153.478,40

Neda

2

12.000

221.000

Ortigueira

3

6.000

162.000

Pontedeume

3

6.200

165.200

As Pontes de García Rodríguez

2

10.300

208.800

San Sadurniño

2

1.000

56.000

As Somozas

1

1.750

46.000

Valdoviño

2

3.600

97.600

Vilarmaior

1

4.030

86.480

Total · 19 concellos

33

112.723,15

2.462.570,40

 

Comarca de Compostela

Concello

Empregos

Horas de SAF

Investimento total (€)

Arzúa

2

2.000

63.000

A Baña

2

2.320

77.120

Boimorto

2

4.000

104.000

Boqueixón

2

1.300

57.867,40

Brión

2

1.000

60.000

Dodro

2

4.300

108.800

Frades

1

2.500

58.000

Melide

2

7.643

162.288

Negreira

3

2.500

103.300

Ordes

4

7.500

200.000

Oroso

2

8.718

179.488

Padrón

4

5.522

168.358,40

O Pino

1

2.928

72.848

Rois

2

1.500

68.000

Santa Comba

3

3.000

114.000

Santiso

1

3.000

70.000

Teo

3

4.680

132.880

Toques

1

1.800

39.800

Tordoia

3

1.600

83.600

Touro

2

2.100

73.600

Trazo

2

2.600

81.600

Val do Dubra

2

2.800

84.800

Vedra

2

5.191,21

123.059,36

Total · 23 concellos

50

80.502,61

2.286.409,16

 

Distribución do investimento previsto para 2027 por comarcas

Comarca

Concellos

Postos de de traballo

Horas de SAF

Achega para persoal (€)

Achega para SAF (€)

Investimento total (€)

A Coruña e Betanzos

15

38

64.148

756.600

1.026.368

1.782.968

Barbanza

10

19

39.134,50

383.000

626.152

1.009.152

Bergantiños e Costa da Morte

15

37

82.983

762.484

1.327.728

2.090.212

Ferrolterra, Eume e Ortegal

19

33

112.723,15

659.000

1.803.570,40

2.462.570,40

Santiago

23

50

80.502,61

998.367,40

1.288.041,76

2.286.409,16

Total provincial

82

177

379.491,26

3.559.451,40

6.071.860,16

9.631.311,56