Estás en:Campañas A provincia que sabe

A provincia que sabe

A Deputación da Coruña pon en marcha a iniciativa 'A provincia que sabe' co obxecto de identificar a excelencia da cadea agroalimentaria da provincia.
'A provincia que sabe' nace, por tanto, como un distintivo específico para agrupar baixo un mesmo paraugas produtos agroalimentarios, empresas de transformación, distribuidoras e establecementos hoteleiros e de restauración, que desenvolvan a súa actividade con parámetros de sustentabilidade e calidade.
'A provincia que sabe' servirá, ademais, para que turistas que buscan a autenticidade nos lugares que visitan, consumidores que priorizan a calidade e o compromiso co territorio á hora de comprar e/ou facer reservas, e a propia comunidade local, conten cun único recurso que unifique os seus criterios de busca.
Para participar nesta iniciativa, e acadar a identificación 'A provincia que sabe', é preciso solicitalo a través do seguinte formulario

Solicitude

Image Slider

Iniciativas que poden formar parte de 'A provincia que sabe':

  • Empresas /persoas autónomas produtoras
  • Empresas de transformación agroalimentaria
  • Empresas hostaleiras e de restauración

Marcas ou estratexias de caldiade coas que deben contar as empresas/persoas autónomas solicitantes:

  • Q de Calidade Turística
  • SICTED
  • Galicia Calidade
  • Norma ISO
  • Marca de calidade de Xeodestino
  • Marca de calidade local
  • I.X.P.
  • D.O.
  • Empresas que non conten con ningún distintivo dos anteriores pero que estean avaladas polo xeodestino en canto a compromiso inequívoco coa sustentabilidade, a calidade e a economía circular


Vantaxes de formar parte de 'A provincia que sabe':

  • Formar parte dun selo de promoción que identifica iniciativas agroalimentarias e gastronómicas coa "excelencia", no marco da provincia da Coruña
  • Formar parte do circuíto de promoción da Deputación da Coruña en foros e certames especializados, tanto dentro da Galiza como no resto da Península
  • Contar con material promocial específico que identifique cada empresa co distintivo 'A provincia que sabe'