Información Académica
Información sobre a preinscrición e as probas de acceso ó Conservatorio Profesional de Danza
INICIACIÓN
Este é un curso preparatorio que sirve de introdución á danza por medio de xogos onde se traballa a coordinación e a musicalidade.
Pódese acceder a este curso á idade de sete anos, sendo de asistencia obligatoria dous días á semana.
ENSINANZAS L.O.E
Este Conservatorio está autorizado a impartir as ensinanzas de Grao Elemental e Grao Profesional. Especialidade: Danza Clásica.
A partir do 1º curso de Grao Elemental, a asistencia é diaria e obligatoria.
GRAO ELEMENTAL
Decreto 196/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de danza.
Este decreto regula o currículo da ensinanza de danza do grao elemental consonte o establecido no artigo 48 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
A ensinanza de danza no grao elemental organízase en catro cursos:
1º Curso
Materias: Danza Clásica, Danza de Carácter, Música.
2º Curso
Materias: Danza Clásica, Danza de Carácter, Música.
3º Curso
Materias: Danza Clásica, Danza Galega, Música.
4º Curso
Materias: Danza Clásica, Introdución á Danza Contemporánea, Introdución á Danza Española e ao
Baile Flamenco, Música.
Para acceder ás ensinanzas de grao elemental de danza será requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso, que garante os principios de igualdade, mérito e capacidade.
AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E PERMANENCIA
A avaliación do alumnado será continua, cualitativa e integradora, aínda que diferenciada segundo as materias do currículo e será realizada polo conxunto do profesorado do alumno/a.
Os resultados da avaliación final das materias que compoñen o currículo expresaranse mediante a escala numérica de 1 a 10 sen decimais. Consideranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco, e negativas as inferiores a cinco.
O alumnado promoverase ao curso superior cando teña superadas as materias cursadas ou teña avaliación negativa, como máximo, nunha materia, agás que esta sexa a de danza clásica, neste último suposto cumprirá repetir a totalidade do curso.
No caso de materias pendentes, a recuperación da materia deberá realizarse na clase do curso seguinte, se esta forma parte del. No resto dos casos, o alumnado deberá asistir ás clases da materia non superada no curso anterior.
A cualificación negativa en dúas ou máis materias dun curso ou de varios impedirá a promoción do alumnado ao curso seguinte.
O límite de permanencia en cada curso de grao elemental será de dous anos, sen que o alumnado poida permanecer máis de cinco anos no devandito grao.
Con carácter excepcional, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá autorizar a ampliación nun ano da permanencia no grao elemental, en supostos de doenza que perturbe substancialmente o desenvolvemento dos estudos ou outros supostos que merezan igual consideración.
O alumnado recibirá, ao finalizar o grao elemental, un certificado expedido pola dirección do centro educativo en que consten os cursos e as materias, así como as cualificacións obtidas.
GRAO PROFESIONAL
Decreto 204/2007, do 11 de outubro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de danza.
Este decreto regula o currículo das ensinanzas profesionais de danza de acordo co establecido no artigo 48.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e integra o establecido no Real decreto 85/2007, do 26 de xaneiro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas profesionais de danza.
Así mesmo, esta disposición regula os criterios de acceso ás ensinanzas profesionais de danza.
O ensino de danza no grao profesional organízase nun grao de seis cursos de duración.
Especialidade: Danza Clásica
1º curso
Materias: Danza Clásica, Danza Galega, Música, Acondicionamento Físico.
2º Curso
Materias: Danza Clásica, Danza de Carácter, Danza Contemporánea, Acondicionamento Físico,
Música.
3º Curso
Materias: Danza Clásica, Danza Contemporánea, Repertorio, Acondicionamento Físico, Música.
4º Curso
Materias: Danza Clásica, Danza Contemporánea, Repertorio, Acondicionamento Físico, Panto-
mima e Interpretación, Música.
5º Curso
Materias: Danza Clásica, Danza Contemporánea, Paso a Dous, Repertorio, Anatomía aplicada á
Danza, Historia da Danza, Acondicionamento Físico, Optativa 1.
6º Curso
Materias: Danza Clásica, Danza Contemporánea, Paso a Dous, Repertorio, Anatomía aplicada á Danza, Historia da Danza, Acondicionamento Físico, Optativa 1, Optativa 2.
Para acceder ao primeiro curso de ensinanzas profesionais de danza cumprirá superar unha proba específica de acceso.
Poderá accederse a calquera outro curso das ensinanzas profesionais sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuir os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.
AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E PERMANENCIA
A avaliación do alumnado será continua, cualitativa e integradora, aínda que diferenciada segundo as materias do currículo e será realizada polo conxunto do profesorado do alumno/a.
O resultado da avaliación final das materias que compoñen o currículo expresaranse mediante a escala numérica de 1 a 10 sen decimais. Consideranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco, e negativas as inferiores a cinco.
O alumnado pasará ao curso superior cando teña superadas as materias cursadas ou teña avaliación negativa, como máximo, en dúas materias.
No suposto de materias pendentes referidas á práctica da danza, a súa recuperación deberá realizarse na clase do curso seguinte, se forma parte del. No resto dos casos, o alumno deberá asistir ás clases das materias non superadas no curso anterior.
A cualificación negativa en tres ou máis materias dun curso ou de varios impedirá a promoción do alumno ao curso seguinte.
O límite de permanencia nas ensinanzas profesionais de danza será de oito anos. O alumno/a non poderá permanecer máis de dous anos no mesmo curso, bardante no sexto curso.
Con carácter excepcional, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá autorizar a ampliación nun ano da permanencia do alumnado no grao profesional, en supostos de doenza que perturbe substancialmente o desenvolvemento dos estudos ou noutros supostos que merezan igual consideración.
O alumnado que supere as ensinanzas profesionais de danza obterá o título profesional de danza, onde constará a especialidade cursada.
Quen finalice as ensinanzas profesionais de danza, obterá o título de bacharel se supera as materias comúns do bacharelato, aínda que non realizase o bacharelato da modalidade de artes na súa vía específica de danza.
Departamento de Danza Clásica
Xefa de departamento : Paula Vázquez Sesmonde
Departamento de Danza de Carácter
Xefa de departamento : Mercedes Rey González
Departamento de Danza Contemporánea
Xefe de departamento : Armando Martén Caballero
Departamento de Música
Xefa de departamento : María Keilin Shpektorov
Departamento de Pianista Acompañante
Xefa de departamento : Victoria Rodríguez Álvarez