Estás en:Deporte Bandeira Deputación da Coruña de Bateis

Bandeira Deputación da Coruña de Bateis

II Bandeira de Bateis Deputación da Coruña ten por obxecto:

  • Incentivar o deporte federado nas categorías base, como elemento vertebrador e garante dunha práctica deportiva segura e de calidade.
  • Fomentar a práctica do remo na modalidade de bateis.
  • Impulsar a cohesión social e a participación cidadá na provincia, utilizando o deporte como instrumento de integración e dinamización.
  • Promover a provincia e os seus municipios como territorios activos, contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social a través do deporte.