Histórico

A Sección de Deportes da Deputación da Coruña organiza o IV Seminario intensivo de defensa persoal feminina entre decembro do 2025 e abril do 2026.
Os seminarios diríxense a mulleres de idades comprendidas entre os 12 e os 75 anos empadroadas en calquera dos concellos da provincia da Coruña.
Cada taller durará tres horas, contará cun máximo de 75 participantes e será gratuíto para as asistentes.
As sedes desta IV edición son Cariño, Bergondo, Camariñas, Cambre, Padrón, Rianxo, Santiago de Compostela e Narón.
A solicitude de participación presentarase a través do formulario de inscrición no portal web de deportes da Deputación nos prazos nel sinalados, ou ben no concello de realización do Seminario.
No caso de ter praza e non poder asistir, pregámoslle que nos comunique a súa baixa na conta info@escuelahkf.es ou no teléfono 670770004, para facilitar a participación doutras persoas.
Grazas!
Edición 2024/2025

A Sección de Deportes da Deputación da Coruña organiza o III Seminario Intensivo de Defensa Persoal Femenina en 8 concellos da provincia.
Os ditos seminarios van dirixidos a mulleres de idades comprendidas entre os 12 e 70 anos empadroadas en calquera dos concellos da provincia da Coruña.
Ditos talleres terán un máximo de 80 participantes, cunha duración de tres horas e serán gratuítos para ás asistentes.
A solicitude de participación se presentará a través do formulario de inscripción nos prazos sinalados no mesmo ou ben no concello de realización do Seminario.
CEDEIRA - 21 de Decembro de 2024
ORDES - 18 de Xaneiro de 2024
AVISO: MODIFICACIÓN DE UBICACIÓN: XIMNASIO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL IVÁN RAÑA. Ubicación: https://maps.app.goo.gl/2UnGXXMXc1TH4PjQ9
VALDOVIÑO - 08 de Febreiro de 2025
NEGREIRA - 22 de Febreiro de 2025
MODIFICACIÓN DE SEDE.: NOVA UBICACIÓN XIMNASIO MUNICIPAL, Avda da Barcala 22
A POBRA DO CARAMIÑAL - 08 de Marzo de 2025
CERCEDA - 15 de Marzo 2025
ARZUA- 22 de marzo 2025
OUTES - 12 Abril 2025

Formulario de inscrición (Cedeira) Prazo: 22/11/2024 - 17/12/2024
Formulario de inscrición (Cerceda) Prazo: 03/02/2025 - 11/03/2025 14:00 horas
Formulario de inscrición (Arzua) Prazo: 10/02/2025 - 18/03/2025 14:00 horas
Formulario de inscrición (Outes) Prazo: 03/03/2025 - 08/04/2025 14:00 horas