Un outono cheo de letras

Un outono cheo de letras é unha campaña de dinamización lingüística destinada á promoción do libro e da lectura en galego arredor do Día das Bibliotecas.
A campaña ten dous obxectivos fundamentais:
- Fomentar a lectura e os libros en galego e a importancia destes no desenvolvemento das persoas.
- Apoiar o sector do libro galego e darlles visibilidade aos seus múltiples axentes: escritoras e escritores, editoras, librarías, deseño e ilustración, imprentas etc.
Co cancelo #UnOutonoCheodeLetras a cidadanía será unha vez máis protagonista no desafío de espallar os contidos e o lema da campaña a través das redes sociais. Deste xeito, as persoas que se sumen aos valores en prol do libro e a lectura desta iniciativa, facendo interacción co material difundido desde as propias redes da Deputación da Coruña, entrarán no sorteo de dez bonos-libro valorado en 100 euros para mercar libros en lingua galega en calquera libraría da nosa provincia.
Xogos de lingua
- O paraíso dos inocentes, de Antón Riveiro Coello
- Un xesto de tenrura, de Gonzalo Hermo
- Que me queres, amor?, de Manuel Rivas
- Luns, de Eli Ríos
- Da praia ao prato. Receitario - [dispoñible para a descarga aquí]
- Unha historia de amor como outra calquera, de Rosa Aneiros
- Fran Pérez NARF. Canto sentido
- A música dos desprazados. Teatro lírico e galeguidade durante o longo século XVIII, de Javier Gándara Feijoo
- Quen conduce o Estado. Arte, ideas, artistas e movementos que deron forma á vitoria do Estatuto de Galicia de 1936, de Iria-Friné Rivera Vázquez - [dispoñible para a descarga aquí]

Un outono cheo de letras. Recursos audiovisuais 



