Contacto
Sección de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña
A Sección de Normalización Lingüística ten como principal obxectivo incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos da Deputación provincial, e por ende, dos concellos da provincia.
A Deputación quere demostrar o seu compromiso co idioma propio prestando especial atención ao proceso de normalización dentro da propia administración coa galeguización dos seus servizos, pero tamén implicando progresivamente á sociedade en xeral (mocidade, movemento asociativo e empresarial...).
Estamos ao seu dispor para calquera cuestión que se lle poida presentar.
Contacto:
Avenida do Porto da Coruña, 2 (15003 A Coruña)
Tel. 981 415 358 ext.: 15801, 15802, 15372
Enderezo electrónico: normalizacion.linguistica@dacoruna.gal
