Xornada 2 - Lingua e memoria. Transmisión familiar da lingua
Obxectivos:
- Establecer a relación entre represión política e abandono da lingua
- Ofrecer un punto de partida para entender o trauma asociado á lingua
- Dotar de ferramentas para elaborar políticas públicas que vaian á raíz do problema
Contexto e contidos específicos da xornada:
Esta segunda xornada procurará definir o marco histórico no que se comeza a interromper a transmisión interxeracional do galego. Preténdese indagar no xeito violento no que os pobos abandonan a súa lingua e como as xeracións posteriores herdan o trauma vinculado á violencia e á represión lingüística.
Tanto a primeira mesa como a primeira intervención de 'Argumentos para o galego' falarán do proceso de represión e lingüicidio do franquismo, poñendo especial foco na escola como elemento de extensión desa violencia, que truncou os avances da escola da II República.
Na segunda mesa e na segunda intervención de 'Argumentos para o galego' tratarase de indagar nas causas e consecuencias da ruptura desta transmisión interxeracional ligándoa coa transmisión do trauma colectivo. Deste xeito, procuraremos entender as consecuencias que arrastramos ata hoxe e que dan como resultado unha perda alarmante de falantes entre as xeracións máis novas.
O obxectivo último é afinar na diagnose incorporando o trauma social como elemento de análise, para elaborar novas estratexias e novos relatos precisos para a activación de falantes no s.XXI. Con este marco, establécense asemade as bases sobre as que pensar as seguintes dúas xornadas, nas que se tratarán os temas de transmisión non familiar da lingua e xuventude por unha banda, e o vínculo coa cuestión de xénero pola outra.
A Coruña
Pazo Provincial
Xoves 29 de novembro
—
10:00 / Apertura da xornada
Goretti Sanmartín Rei
—Vicepresidenta da Deputación da Coruña
10:15 / Argumentos para o galego
Luz Fandiño
— Poeta
10:30 / Mesa de debate
Do xenocidio ao lingüicidio: A violencia física contra a poboación galegofalante
Encarna Otero
—Historiadora
Antonio Míguez Macho
—Historiador
12:00 / Pausa-café
12:30 / Argumentos para o galego
Iria Veiga Ramos
—Psiquiatra
12:45 / Mesa de debate
Trauma e transmisión interxeracional
Iria García Martínez
—Psicopedagoga e terapeuta familiar
Marcos Abalde Covelo
—Profesor e escritor
14:00 / Espazo de traballo SNL
Actividade reservada para os Servizos de Normalización Lingüística.
15:00 / Peche da xornada