Na lingua con orgullo
Co lema #NaLinguaConOrgullo iniciouse o 1 de xullo a campaña coa que a Deputación da Coruña, a través da Área de Lingua, debulla unha escolma dalgúns dos máis comúns prexuízos que obstaculizan o uso da lingua galega con normalidade na vida cotiá das persoas. #NaLinguaConOrgullo súmase así ás iniciativas da Deputación para "dar alento e contribuír a unha sociedade respectuosa e orgullosa da nosa cultura e protagonista na dinamización da nosa lingua".
