8M Día Internacional da Muller
8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, como cada ano desde fai décadas, aínda que a primeira data foi un 19 de marzo. Este ano, o lema da ONU é «Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible», coa intención de potenciar a igualdade de xénero no contexto da crise climática e a redución do risco de desastres, que é un dos maiores desafíos mundiais do século XXI.
- Contacontos «A miña historia»
Trémola Teatro presenta este contacontos o día 14 de Marzo, ás 18:00 h na sala Manuel López para nenos e nenas a partir de 4 anos.
Inscrición: a partir do 9 de marzo chamando á BBTK Infantil 981 080 174 en horario de 16:00 a 20:00 h.
Prazas: 20 nenos/as acompañados dunha persoa adulta por menor.
Uso obrigatorio da máscara.
- #MarzoEnFeminino na EbiblioDaCoruna
Na EbiblioDaCoruna podes atopar un carrusel con libros electrónicos recomendados sobre feminismo e empoderamento feminino: ebibliodacoruna.odilotk.es.
- Carrusel Marzo en feminino
Recomendacións de libros dixitais nas redes sociais
Desde o venres 4, cada día do mes recomendamos unha lectura relacionada coa temática do 8 de marzo nas nosas redes sociais. Todas elas están dispoñibles na EbiblioDaCoruna.
- Material promocional da Deputación da Coruña de agasallo
Bolsas de tea coa imaxe da campaña da sección de Igualdade «Mobilizadxs xti» que se regalarán ás persoas que leven materiais en préstamo durante o día 8 de marzo (ata esgotar existencias). 10 delas reservaranse para sortear entre as persoas que tomen prestados libros dixitais da EbiblioDaCoruna durante toda a semana do 7 ao 11 de marzo.