Estás en:Novas

Premios do concurso #140enpositivo

Xa temos aos traballos gañadores do concurso desta edición 2022. Presentáronse un total de 49 mensaxes das dúas categorías.

Premios do concurso #140enpositivo

Xa temos ás persoas gañadoras do X concurso #140enpositivo!

Ante todo, o xurado destaca a calidade e a creatividade dos traballos presentados, algúns deles moi orixinais coa positividade como fío condutor de todos eles... Desde a Biblioteca agradecemos o esforzo a todas as persoas participantes.

Dos presentados na Categoría 1 (máis de 15 anos) foron gañadoras dos premios do X Concurso #140enpositivo as seguintes mensaxes:

1º premio

"Un abrazo apretado, la risa compartida, el olor a mar, una flor, una noche estrellada, un hermoso día de sol, el petricor... Sentir que para emocionarse no hace falta tanto, o precisamente, emocionarse por sentirlo todo tanto."

Da que é autora Eva Castro Outeiriño.

2º premio

"Converte os amargos momentos
en curvas de travesos sorrisos.
Malia os inoportunos problemas
nunca decaias!
Suma sempre solucións!
Multiplica os tímidos azos
e acada con brío
os chanzos mais altos.
Despexa con forza
as ferintes incógnitas e,
devagar saborea
o zume vital."

Da que é autora María Arcos Cebreiro.

3º premio

"Sopla el diente de león y su aliento se mezcla con la brisa del mar y hace bailar sus semillas, que se alejan volando y recordándome a bellas bailarinas que se mueven al compás que marca la música del viento.
Me mira y sonríe.
Pura magia. Un regalo. Un secreto compartido."

Da que é autora Marta Santomé Malvido.

Dos presentados na Categoría 2 (entre 8 e 14 anos) foron gañadoras dos premios do X Concurso #140enpositivo as seguintes mensaxes:

1º premio

"Tes que ser como un átomo... Para que queres carga negativa?
Líbrate dos electróns e almacena a enerxía positiva que está dentro de ti e que non deberías perdela!!"

Da que é autor Manuel Blanco Vázquez.

2º premio

"La vida es como las montañas rusas, suben y bajan, suben y bajan, pero recuerda, cuando están abajo, siempre vuelven a subir."

Da que é autora Julia Sanjurjo Boedo.

3º premio

"Elige tu propio camino, no el que te elijan
Nunca te rindas, sigue adelante y lo conseguirás
No importa de donde vengas, hay que tener respeto."

Da que é autora Naia Brondi Vidal.

O xoves 19 ás 18:00 h na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany da Biblioteca, teremos o acto de entrega dos premios #140enpositivo. Durante o acto leranse os traballos galardoados e a acta do xurado.

Todos os traballos presentados atópanse expostos nos tablóns da Biblioteca. Podedes ler todos os traballos participantes aquí: Traballos do X Concurso 140enpositivo edición 2022.pdf