Microrrelatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña
Ábrese o prazo de participación no concurso de microrrelatos deste ano!
A Biblioteca Provincial e a Sección de Turismo da Deputación da Coruña danse a man, un ano máis, para espertar o voso potencial literario e deixarse embelesar coas historias dos vosos lugares favoritos da provincia.
Desde a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña queremos axudar a que agrome o teu talento creativo, ao tempo que visibilizamos o patrimonio dos concellos.
Crea un microrrelato ambientado ou referido a un dos 93 concellos da provincia da Coruña, relacionado coa historia local, a riqueza natural ou calquera outro aspecto salientable, que poña en valor o lugar elixido.
Presume de concello e leva un dos premios dispoñibles!
[Prazo de presentación de traballos: do 21 de xullo ao 3 de setembro de 2025]
Toda a información sobre o trascurso do concurso irá actualizándose aquí.
- Accede a toda a información do concurso aquí.
- Material gráfico da edición 2026:
- Cartaz: CARTEL-HoxeEscriboEn_2026.pdf
- Tríptico: TRIPTICO-HoxeEscriboEn_2026.pdf
- Imaxes para web web-banner-3 (1).jpg ; web-banner-2.jpg ; web-banner-1.jpg
- Imaxes para redes sociais: IG_EscriboEn_01.jpg ; IG_EscriboEn_02.jpg ; X_EscriboEn_01.jpg
- Marcapáxinas exclusivos: MARCAPAXINAS-HoxeEscriboEn_2026.pdf
Tamén podes conseguir este material en formato físico nas bibliotecas municipais e nas oficinas de turismo da provincia.
Para solventar dúbidas sobre o concurso, podes contactar coa Biblioteca: enviando un correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal ou no teléfono 981 415 176.

