Edición 2026

X_EscriboEn_01.jpg

PRAZO DE PARTICIPACIÓN

Do 21 de xullo ao 3 de setembro

(45 días naturais, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia)

BASES DA CONVOCATORIA

Bases no BOP do 20 de xullo de 2026: 2026_0000004762.pdf

1. Primeira. – Obxecto

O obxecto do concurso é o fomento do talento creativo, a animación á escritura e á lectura, e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña, axudando a sensibilizar sobre o patrimonio cultural, natural e medioambiental de cada un deles, e a importancia de preservalo. Para isto a Biblioteca Provincial xunto co Servizo de Turismo da Deputación da Coruña convocan unha nova edición do concurso de microrrelatos sobre o patrimonio dos concellos da Provincia.

2. Segunda. – Participantes

Poderán participar tódalas persoas físicas, maiores de idade, usuarios ou non da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, de xeito libre. Quedan excluídas todas aquelas persoas con calquera tipo de relación laboral coa Biblioteca Provincial e co Servizo de Turismo da Deputación da Coruña.

3. Terceira. – Formato

Os relatos presentados ambientaranse ou farán referencia a algún dos concellos da provincia da Coruña, non sendo preciso que o autor resida nel. Poderán estar relacionados coa historia local, lendas propias, tradicións do pobo, persoas destacadas, valores positivos do concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental do seu territorio, ou calquera outro aspecto que axude a resaltar o patrimonio do concello.
Deberán estar escritos en galego ou castelán, ser inéditos e non ter sido presentados en ningún outro concurso.
O texto terá unha extensión máxima de 500 palabras.

4. Cuarta. – Forma de presentación

A presentación dos relatos farase a través do formulario habilitado na web da Biblioteca da Deputación da Coruña.

O formulario atópase na web da biblioteca https//www.dacoruna.gal/biblioteca seguindo a ruta: Actividades > Concursos > Concurso #HoxeEscriboEn > Edición 2026
Tamén podes acceder premendo na seguinte ligazón:

Formulario


Cada participante deberá realizar unha inscrición indicando o seu nome e apelidos, concello da provincia desde o que participa e no que se ambienta o relato, teléfono de contacto e enderezo postal.
Cada persoa poderá participar cantas veces queira, cumprimentando un formulario por cada unha das participacións.


Para solventar dúbidas do concurso, podes contactar enviando un correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal ou no teléfono 981 415 176.

5. Quinta. - Prazo de presentación

O prazo de presentación dos relatos será de mes e medio, logo da súa publicación no BOP da Coruña (45 días naturais). Non se considerarán propostas presentadas fóra deste prazo.

6. Sexta. – Xurado

Os relatos serán valorados por un xurado especializado, e a súa decisión será inapelable. A selección basearase en criterios de orixinalidade, calidade na redacción, calidade lingüística e aproximación á temática proposta nas bases Primeira e Terceira.

O xurado será nomeado mediante resolución da presidencia, e publicarase na páxina web da Biblioteca Provincial, coa finalidade de dar cumprimento aos principios de transparencia e publicidade.

7. Sétima. –Premio

O nome das persoas gañadoras darase a coñecer despois de rematar o prazo de presentación dos traballos e da reunión do xurado.

O primeiro premio consistirá nunha estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo e cea incluídos, nun establecemento tipo cabanas rurais da provincia da Coruña.
O segundo premio consistirá nunha estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo incluído, nun establecemento rural da provincia da Coruña.
O terceiro premio consistirá nunha comida ou cea para dúas persoas nun establecemento da provincia da Coruña.
Ademais, entre os participantes, sortearanse varios lotes de produtos gastronómicos da provincia.
As persoas que resulten galardoadas recibirán a comunicación por teléfono ou correo electrónico, e publicaranse tamén nas redes sociais e na web da Biblioteca.
As datas de desfrute dos premios serán concretadas coas persoas gañadoras, unha vez resolto o concurso.

8. Oitava. –Entrega do premio

A entrega dos premios terá lugar nun acto público que se realizará nas dependencias da Deputación da Coruña. Salvo por razóns de forza maior, as persoas gañadoras deberán estar presentes no acto de entrega do premio.
Os lotes de produtos da provincia, que se sortearán entre as persoas participantes, poderán ser recollidos no acto de entrega dos premios ou, no caso de non ser posible acudir, serán enviados por correo postal ao enderezo sinalado polos participantes na inscrición.

9. Novena. – Dereitos e deberes

A participación no concurso leva aparellada a autorización para publicar os relatos, xunto co nome e apelidos das persoas participantes, nos diferentes medios impresos e dixitais que utiliza o Servizo de Turismo da Deputación da Coruña, a Biblioteca, e a Deputación da Coruña; incluídas as redes sociais e a plataforma de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.

Os relatos presentados ao concurso de xeito incompleto ou que non se axusten ou incumpran as bases, así como aqueles de contido inadecuado, serán excluídos.
A participación no concurso implica a aceptación total destas bases, e que as persoas participantes se fan responsables da autoría e contido dos relatos, que non vulnerarán os dereitos á honra, á intimidade persoal/familiar e á propia imaxe de terceiras.

IMAXE GRÁFICA

IG_EscriboEn_01.jpg

IG_EscriboEn_02.jpg

web-banner-2.jpg


Díptico do concurso [PDF]: TRIPTICO-HoxeEscriboEn_2026.pdf

Cartaz [PDF]: CARTEL-HoxeEscriboEn_2026.pdf

PUBLICACIÓN NO BOP: 2026_0000004762.pdf