Estás en:Biblioteca A BPDC para profesionais

A BPDC para profesionais

 

 

I XORNADA DAS BIBLIOTECAS DA PROVINCIA DA CORUÑA

Organiza: Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Venres 21 de novembro de 2025

Pazo de Mariñán ( Bergondo)

Programa: 

• 9:30 horas.- Acreditación de asistentes.

• 10:00 horas.- Benvida institucional.

• 10:15 horas.- "A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, unha xanela aberta á provincia". Carmen Ferreiro Villaverde.

• 10:30 horas.- " Unha visión das bibliotecas Municipais". Raquel Herrero Álamo da Biblioteca Municipal de Culleredo.

• 11:00 horas.- "A creación literaria dende as bibliotecas". Pedro Feijoo.

• 11:30 horas.- Pausa café

• 12:15 horas.- "O futuro dos profesionais da documentación: formación universitaria no século XXI" Javier Ruiz Astiz. Coordinador do Máster en Museos, Arquivos e Bibliotecas da UdC.

• 12:45 horas.- Mesa redonda : "Realidades na xestión das Bibliotecas Municipais":

- Biblioteca Municipal de Rianxo: Sofía Carou Ces
- Biblioteca Municipal de Betanzos: Ángel Arcay Barral
- Biblioteca Municipal da Coruña: Mª Milagros García Pérez
- Biblioteca Municipal de Ortigueira: María José Vilasánchez
- Biblioteca Municipal de Carballo: Santiago Daviña Pérez-Schofield

• 14:00 horas.- Almorzo.
• 15:30 horas.- Mesas de traballo.
• 16:30 horas.- Conclusións das mesas de traballo e peche da xornada.
• 17:00 horas.- Visita ao Pazo de Mariñán ( Actividade opcional con prazas limitadas).

 

DESCRIPCIÓN DA XORNADA

A Biblioteca Provincial da da Deputación da Coruña convoca a I Xornada das Bibliotecas da Provincia da Coruña, unha xornada de formación, traballo conxunto, convivencia e debate destinada a todo o persoal traballador das bibliotecas municipais da provincia de A Coruña.

Durante un día completo de traballo as persoas participantes poderán escoitar a diversos relatores e relatoras de relevancia no eido da biblioteconomía, a literatura e a xestión cultural, debatir sobre o traballo diario das bibliotecas municipais da provincia da Coruña e traballar conxuntamente para establecer as metas a alcanzar nos vindeiros anos dentro do sector.

A xornada contará con ponencias en horario de mañá e tarde, talleres de traballo conxunto, visita guiada ao Pazo de Mariñán e un almorzo de convivencia.

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

Podes facer a túa preinscrición cubrindo o formulario ata o día 11 de novembro de 2025

 

FORMULARIO DE DE PREINSCRICIÓN 

 

Información e contacto en:

Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

biblioteca.info@dacoruna.gal e no 981 415 175

 

I-Xornadas-Bibliotecas_Provincial_IG.jpg

 

VIDEO RESUMO DA XORNADA https://youtu.be/z22KIPGH3V0 

GALERÍA DE FOTOS DA XORNADA : Álbum completo en FACEBOOK 

I XORNADA BIBLIOTECAS MARIÑAN 010.jpg

 

 


Actividades de formación dixital para concellos.
Dende 2017 a Biblioteca da Deputación da Coruña ten unha biblioteca dixital que da servicio as bibliotecas municipais da provncia da Coruña e está coordinada e xestionada polo persoal da Biblioteca da Deputación da Coruña. Dentro das actividades de animación e de expansión está a asistencia técnica os concellos, e tamén a impartición dos talleres de alfabetización dixital nos concellos da provincia da Coruña.

Taller de manexo da eBiblioDaCoruna.
eBiblioDaCoruna é a plataforma gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, prensa, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon o servicio de todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña ou da Deputación.

Se queres participar como concello nesta iniciativa de talleres de formación dixital, pódeste informar a través do correo ou do número de teléfono de información da Biblioteca da Deputación.

Tlf. 981 41 51 75 / 981 41 51 76

Correo: biblioteca.info@dacoruna.gal

SESIÓNS FORMATIVAS 2026

Relación dos concellos da provincia da Coruña onde se vai a desenvolver a actividade nos meses de abril, maio e xuño:

Concello de Bergondo: : Venres 10 de abril ás 17:00 h.

Concello de Ares: Luns 13 de abril ás 17:00 h.

Concello de Rois: Luns 27 de abril ás 17:00 h.

Concello de Mugardos: Xoves 30 de abril ás 16:00 h.

Concello de Neda:Martes 12 de maio ás 18:00 h.

Concello de Mañón: Mércores 13 de maio ás 18:00 h.

Concello de Ponteceso: Xoves 14 de maio ás 19:00 h.

Concello de Teo: Martes 26 de maio ás 19:00 h.
Concello de Padrón: Xoves 28 de maio ás 17:00 h.

Concello de Cedeira: Luns 8 de xuño ás 17:00 h.
Concello das Somozas: Mércores 10 de xuño ás 17:00 h.

Dende a Biblioteca lProvincial da Deputación da Coruña lanzamos as sesións de formación presenciais da EBIBLIODACORUNA nas bibliotecas municipais dos concellos de menos de 30 mil habitantes. Despois da celebración da I Xornada das Bibliotecas da Provincia da Coruña celebrada no mes de novembro, e escoitando as demandas dos profesionais que atendedes os espazos nos concellos, poñemos un equipo técnico da BPDC á vosa disposición para cubrir esta necesidade formativa. Os obradoiros son de balde para os vosos centros, só teredes que encargarvos da difusión e a inscrición das persoas participantes, así como ter o espazo preparado para a formación o día que se acorde.
De abril a xuño impartiremos obradoiros formativos nas bibliotecas de menos de 30 mil habitantes. Se fora preciso abriremos unha quenda de setembro a decembro. As sesións terán unha duración de 2 horas como máximo e poden participar ata 15 persoas. Os espazos deben contar con conexión a internet. Están orientadas a persoas maiores de 14 anos, que teñan móbil con conexión a internet e que queiran descubrir unha nova ferramenta gratuita que lles vai acompañar no seu día a día.

A EBIBLIODACORUNA é a plataforma gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, prensa e outros materiais que a Deputación da Coruña pon ao servizo de todas as persoas lectoras da provincia. Levar a biblioteca contigo, no teu móbil as 24 horas do día e os 365 días do ano. Unha ferramenta de balde, na que podes autoxestionar os teus préstamos, suxerencia e mesmo conversar e intercambiar opinións con outras persoas.Recordamos os contidos que imos tratar:
0. Benvida e presentación.
1. Cómo inscribirse e cómo acceder.
2. Cómo navegar pola plataforma e cales son as súas funcionalidades.
3. Posibilidades de lectura (online, offline e mediante descarga DRM).
4. Política de préstamos.
5. Cómo enviar suxerencias de compra. Mellores prácticas.
6. Cómo acceder e participar no club de lectura.
7. Próximas convocatorias de clubes de lectura.

Se estades interesados nestes obradoiros podedes contestar a este mesmo correo e indicar as datas que mellor se vos axusta a vosa biblioteca, o mes e horario, e porémonos en contacto de novo con vós.
Tedes de prazo ata o día 16 de marzo para manifestar o voso interese nesta formación.
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida en
biblioteca.web@dacoruna.gal ou no 981415 716