Estás en:Novas

#HoxeLeoEn 2022

Ti e o teu libro nos teus lugares favoritos da provincia

#HoxeLeoEn 2022

Concurso para persoas lectoras entre 12 e 17 anos. Participa do 20 de xullo ao 31 de agosto de 2022.

Bases

#HoxeLeoEn 2022

Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña.

1. - Primeira. Le un libro nun lugar bonito.
Elixe a túa lectura para o verán e o teu lugar favorito da provincia para ler.

2. - Segunda. Tira unha boa foto
Envía a foto xunto cos teus datos no formulario dispoñible premendo aquí.

3. - Terceira. Leva unha tableta!
Entre todas as fotografías sortearemos unha tableta.

Importante: as fotografías que non se axusten ao obxecto do concurso (ensinar a beleza de concellos e fomentar a lectura), que non teñan un mínimo de calidade ou incumpran as bases, así como aquelas de contido inadecuado, serán excluídas. A participación no concurso leva aparellada a autorización para publicar as fotografías, xunto co nome e apelidos das persoas participantes, nos diferentes medios impresos e dixitais que utiliza a Biblioteca e a Deputación da Coruña, incluídas as redes sociais.

Participa enviando a túa fotografía aquí