Estás en:Novas

A Deputación da Coruña entrega ao embaixador de Ucraína catro ambulancias para atender as urxencias da guerra

Valentín González Formoso e Serhii Pohoreltsev formalizaron na praza do Obradoiro a entrega dos vehículos, cedidos por empresas galegas do sector

"Estamos contra esta guerra inxusta que Putin iniciou e que lle esiximos que cese canto antes en prol da seguridade, da liberdade e da xustiza que se merece o mundo e o continente europeo", expresou Formoso, que agradeceu a colaboración das empresas que cederon estes vehículos, moi necesarios no país

"Hay mucha gente que sufre, no solo se trata de los efectivos de las fuerzas armadas ucranianas, sino de la población civil porque el enemigo bombardea zonas residenciales, hospitales, teatros o centros comerciales y, lamentablemente, vamos a necesitar las ambulancias", afirmou o embaixador ucraíno.

Visitaron na Coruña o centro de acollida de refuxiados ucraínos que a Deputación ten na residencia do IES Rosalía Mera e conversaron coas 31 persoas alí aloxadas para coñecer as súas necesidades

A Deputación da Coruña entrega ao embaixador de Ucraína catro ambulancias para atender as urxencias da guerra

Xosé Sánchez Bugallo, Serhii Pohoreltsev e Valentín González Formoso na entrega das ambulancias galegas que prestarán servizo en Ucraína

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o embaixador de Ucraína, Serhii Pohoreltsev, formalizaron hoxe na compostelá praza do Obradoiro a entrega de catro ambulancias para atender as urxencias da guerra e prestar servizo á poboación ucraína.

No acto, no que estiveron acompañados do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, Formoso salientou que se cumpre o compromiso "de conseguir algunhas ambulancias, que son moi necesarias no país e que foi a petición que nos fixo o embaixador hai uns meses. Hoxe estamos facendo a entrega despois duns trámites burocráticos que foron longos e complexos e que ralentizan o voluntarismo e a solidariedade propias de Galicia".

"Estes vehículos galegos terán unha segunda vida en Ucraína, un país do que todos estamos moi pendentes e ao que lle desexamos que, nun breve prazo de tempo, poida volver a paz", afirmou o presidente provincial, que destacou que "en Galicia estamos comprometidos coa solidariedade co pobo ucraíno e vamos a continuar estándoo". "Sen ningún tipo de ambigüidade, estamos contra esta guerra que Putin iniciou e que lle esiximos que cese canto antes en prol da seguridade, da liberdade e da xustiza que se merece o mundo e o continente europeo", expresou Formoso, que agradeceu a colaboración das empresas que cederon estes vehículos.

Pola súa parte, Serhii Pohoreltsev agradeceu esta acción "a Valentín y a su equipo, al alcalde de la ciudad y a todos los que están apoyando al pueblo ucraniano en estos momentos tan difíciles" e explicou que "lamentablemente seguimos necesitando este tipo de material porque la guerra desatada por el régimen de Putin en 2014, junto con la fase activa desde febrero de este año, continúa y nosotros tenemos que seguir resistiendo".

Sobre el uso que se le dará a estas ambulancias el embajador comentó que e "hay mucha gente que sufre, no solo se trata de los efectivos de las fuerzas armadas ucranianos, sino de la población civil porque el enemigo bombardea zonas residenciales, hospitales teatros, o centros comerciales y, lamentablemente, vamos a necesitar las ambulancias".

"Aprovechando la oportunidad agradezco a todo el pueblo español su demostración de solidaridad con mi país", indicou Pohoreltsev, que fixo referencia ás boas relación co Goberno de España "del que siempre tenemos apoyo". "Hay 136.000 ucranianos que tienen estatus de refugiados, que viven en España y reciben todo tipo de ayuda", salientou.

Xestión con diferentes empresas

Tras unha reunión na embaixada ucraína en Madrid, na que Serhii Pohoreltsev trasladou que unha das necesidades do país é a de contar con ambulancias para o traslado de feridos a lugares seguros e material sanitario, Formoso realizou xestións con distintas compañías de ambulancias galegas, co obxectivo de que cedesen algúns dos vehículos dos que dispoñían e que xa non estaban en servizo ou deixarían de estalo proximamente.

A doazón foi feita por parte das empresas Servicios Sanitarios Auxiliares de Urgencia, Ambulancias Pontevedra, Servicios Sanitarios de Monforte e Sanitaria Lucense de Transportes, cuxa solidariedade permite enviar a Ucraína dúas ambulancias Volkswagen Crafter, unha Mercedes Benz Vito e unha Mercedez Benz Sprinter.

Visita ás persoas refuxiadas da guerra

Valentín González Formoso e Serhii Pohoreltsev desprazáronse tamén esta mañá ata ao centro de acollida de refuxiados ucraínos habilitado pola Deputación da Coruña na residencia que ten a Deputación no IES Rosalía Mera para conversar, xunto con responsables da Cruz Vermella e da asociación AGA-Ucrania, coas 32 persoas, a maioría delas mulleres e nenos, refuxiadas da guerra de Ucraína.

Acompañados tamén dos deputados Bernardo Fernández e Ana Lamas, o presidente e o embaixador visitaron as instalacións da residencia estudantil, que foi dotada de todos os equipamentos necesarios para este proceso de acollida. Conta cun total de 22 habitacións con baño individual, con capacidade para 44 persoas en total, ofertándose tamén a cobertura de necesidades básicas como a alimentación, lavandería, mobiliario, conexión a Internet, etc.

Ademais, conta con zonas comúns como salas de estar, de xogo, biblioteca, sala de televisión, comedor, cociña – office, despensa, sala de computadoras, habitacións e despachos para os profesionais que se encargarán da xestión.

Actualmente, este centro conta con 31 persoas acollidas, sete delas menores.

Tras un saúdo na sala de reunións do centro, Formoso e Pohoreltsev reuníronse en privado coas persoas aloxadas no centro para coñecer de primeira man as súas situacións e necesidades, "que procuraremos atender en todo o posible", sinalou o presidente.

A Deputación da Coruña xa conta con experiencias previas neste eido. Na década dos 90, durante o conflito dos Balcáns, colaborou co Goberno Central nun programa de acollida de refuxiados bosnios, que permitiu que trece familias con vinte menores procedentes de Skopje.