Estás en:Novas

A Deputación financia a través do Plan Único a substitución do céspede artificial do campo de fútbol de Melide

A obra, que está a licitación pública no perfil do contratante municipal ata o 2 de novembro, conta cun orzamento de 191.529,59 euros

Renovarase o céspede artificial por un de última xeración e aproveitarase para facer unha limpeza do sistema de drenaxe

A Deputación financia a través do Plan Único a substitución do céspede artificial do campo de fútbol de Melide

A Deputación da Coruña financia a través do Plan Único a substitución do céspede artificial do campo de fútbol de Melide, que é coñecido de forma popular por 'Campo do Cire' por ser o CF Cire Melide o que fai uso destas instalacións.

Esta actuación, que está actualmente a licitación pública no perfil do contratante municipal e que conta cun orzamento de 191.529,59 euros, permitirá substituír o actual céspede artificial, que ten certo desgaste polo paso do tempo, por outro de última xeración lastrado con area de sílice e caucho, cunhas dimensións de xogo de 96 metros de largo, 59 metros de ancho, 2 metros de bandas laterais e 2 metros nos fondos. O campo servirá para a practica de fútbol once e de fútbol sete.

Por último, aproveitarase esta obra para levar a cabo unha limpeza do actual sistema de drenaxe co obxectivo de eliminar posibles restos de area ou caucho da canaleta perimetral e verificar así o correcto funcionamento deste servizo.

O prazo para presentar ofertas ao proceso de licitación pública rematará o próximo 2 de novembro.