A Deputación achega 70.000 euros para a xestión do Ecomuseo do Forno do Forte de Buño en 2023
O Concello de Malpica de Bergantiños seguirá promovendo actividades culturais para dinamizar a tradición oleira nas instalacións do Ecomuseo do Forno do Forte de Buño, grazas á renovación do convenio que mantén nos últimos anos coa Deputación da Coruña. O responsable de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e o alcalde malpicán, Eduardo Parga, veñen de asinar o acordo, para o que a institución reservará 70.000 euros dos seus orzamentos de 2023.
Ao igual que nos acordos de anos precedentes, o Concello de Malpica de Bergantiños comprometeuse a encargarse da organización das visitas e das actividades, así como da conservación e mantemento das instalacións do Forno do Forte. Do mesmo xeito, deberán fomentar o estudo e a investigación sobre a olería local en colaboración coas agrupacións e asociacións culturais vinculadas á zona.
Ademais, o Concello de Malpica de Bergantiños deberá manter o ecomuseo aberto ao público todos os días da semana agás os luns, de 11 a 14 horas e de 16 a 19. Tamén se manterá a actividade dos obradoiros de modelado en Semana Santa e nos meses de xullo e agosto.
Penas amosouse satisfeito pola renovación do acordo, e lembrou que "levamos colaborando desde 2006 co Concello de Malpica para manter a tradición oleira de Buño, pero tamén para promover as novas formas de produción artesá". O deputado indicou tamén que o convenio permitirá poñer en valor un espazo "de grande interese etnográfico". "A Deputación", engadiu, "adquiriu e rehabilitou o Forno do Forte e o seu quinteiro, grupo de casas anexas do século XIX, coa finalidade de revitalizalo dentro do ecomuseo para poder reconstruír a vida cotiá, de tempos non tan afastados, das xentes labregas e oleiras que fixeron de Buño un centro emblemático da produción artesá de Galicia".
Seguirá promovendo actividades culturais para dinamizar a tradición oleira nas instalacións do Ecomuseo do Forno do Forte de Buño, grazas á renovación do convenio que mantén nos últimos anos coa Deputación da Coruña. O responsable de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e o alcalde malpicán, Eduardo Parga, veñen de asinar o acordo, para o que a institución reservará 70.000 euros dos seus orzamentos de 2023.
Ao igual que nos acordos de anos precedentes, o Concello de Malpica de Bergantiños comprometeuse a encargarse da organización das visitas e das actividades, así como da conservación e mantemento das instalacións do Forno do Forte. Do mesmo xeito, deberán fomentar o estudo e a investigación sobre a olería local en colaboración coas agrupacións e asociacións culturais vinculadas á zona.
Ademais, o Concello de Malpica de Bergantiños deberá manter o ecomuseo aberto ao público todos os días da semana agás os luns, de 11 a 14 horas e de 16 a 19. Tamén se manterá a actividade dos obradoiros de modelado en Semana Santa e nos meses de xullo e agosto.
Penas amosouse satisfeito pola renovación do acordo, e lembrou que "levamos colaborando desde 2006 co Concello de Malpica de Bergantiños para manter a tradición oleira de Buño, pero tamén para promover as novas formas de produción artesá". O deputado indicou tamén que o convenio permitirá poñer en valor un espazo "de grande interese etnográfico". "A Deputación", engadiu, "adquiriu e rehabilitou o Forno do Forte e o seu quinteiro, grupo de casas anexas do século XIX, coa finalidade de revitalizalo dentro do ecomuseo para poder reconstruír a vida cotiá, de tempos non tan afastados, das xentes labregas e oleiras que fixeron de Buño un centro emblemático da produción artesá de Galicia".